A espiral permanenteAproximación á figura literaria de X. L. Méndez Ferrín

  1. Blanco García, Carmen
Revista:
Anuario de estudos literarios galegos

ISSN: 1133-4533

Ano de publicación: 1993

Número: 1993

Páxinas: 11-45

Tipo: Artigo

Outras publicacións en: Anuario de estudos literarios galegos

Resumo

No presente traballo faise unha aproximación global á figura literaria de X. L. Méndez Ferrín a través da súa traxectoria cronolóxica, coa fin de detectar as características básicas e a liña evolutiva do autor. Do seu estudio dedúcese a profunda unidade e o movemento permanente do conxunto da obra ferriniana, concebida como unha escritura en espiral obsesionada pola liberación e envolta na nostalxia, así como propulsada por unha interminable teima da recuperación da propia orixe.