O manifesto e a antoloxía como discursos de interevención no sistema literario galego (1975-2000)

  1. Rábade Villar, María do Cebreiro
  2. Sobrino-Freire, Iria
Revista:
Anuario de estudos literarios galegos

ISSN: 1133-4533

Ano de publicación: 2003

Número: 2003

Páxinas: 60-65

Tipo: Artigo

Outras publicacións en: Anuario de estudos literarios galegos

Resumo

A análise do funcionamento de dúas claes textuais como o manifesto e a antoloxía, tradicionalmente ausentes nos estudos literarios, pode contribuír a iluminar os procesos a través dos cales unha cultura se autodefine e intervén sobre o seu propio desenvolvemento. O interese do seu tratamento conxunto radica, por unha parte, no carácter doxástico de ambas as modalidades e, por outra, na súa frecuente alianza, baixo a forma dunha escoma acompañada dun paratexto manifestario. Dentro do sistema literario galego entre os anos 1975 e 2000, este tipo de discurso debe contemplarse á luz da progresiva institucionalización do sistema, así como da crise dos grandes relatos identitarios, que inciden na conciencia dos axentes sobre os efectos das súas intervencións. Neste sentido, tres son os modelos propostos para clasificar as estratexias de actuación: o utópico, o paródico e o pragmático.