Desafíos para os medios en redeaportacións á interculturalidade
ISSN: 1138-5820
Year of publication: 2001
Issue: 40
Type: Article
More publications in: Revista Latina de Comunicación Social
Abstract
Vivimos baixo a alongada sombra da comunicación ciberespacial. As redes telemáticas afectan cada día que pasa a mais persoas no mundo. Vivimos na sociedade rede. E é unha rede, Internet, a que centra boa parte das expectativas de cambio sobre as formas de comunicar no inicio do novo século. A actual sociedade, que conviñemos en chamar a sociedade da información, avanza baixo o paraugas das transformacións que se producen no hipersector da comunicación. Os avances tecnolóxicos aceleran as innovacións.