Language shift in Galicia from a sociolinguistic viewpoint

  1. Rodríguez Neira, Modesto Aníbal
Revista:
Estudios de sociolingüística: Linguas, sociedades e culturas

ISSN: 1576-7418

Ano de publicación: 2002

Título do exemplar: Sociolinguistics in Galicia: Views on diversity, a diversity of views

Volume: 3-4

Número: 2-1

Páxinas: 75-112

Tipo: Artigo

Outras publicacións en: Estudios de sociolingüística: Linguas, sociedades e culturas

Resumo

Resumo O presente estudio trata do sentido, intensidade e razóns do cambio de lingua en Galicia. O cambio enténdese aquí como un feito consciente e duradeiro que implica un grao considerable de voluntariedade, permanencia e instalación no novo uso lingüístico. Para avalia-la dirección do cambio e o grao de retención e abandono lingüísticos compáranse os resultados da variable 'lingua inicial' (lingua materna) de 16,273 individuos que manifestaron ter cambiado de idioma durante a súa vida, e os do seu uso lingüístico habitual no momento da obtención da información. Esta dimensión compleméntase cunha análise dos cambios de lingua no interior de cada xeración segundo os usos naquelas etapas da vida dos suxeitos nas que este fenómeno é máis probable. O estudio aborda tamén as causas que motivaron o cambio de idioma e a súa relación coa lingua inicial e cos distintos grupos de falantes. Por último, aínda que este estudio se centra nos cambios de lingua duradeiros, ocúpase tamén dos ocasionais -máis relacionados coa situación na que se usa cada idioma- co obxecto de ofrecer unha visión máis detallada do feito estudiado