"¿De onde es?, ¿de quen es?"Local identities, discoursive circulation, and manipulation of traditional Galician naming patterns

  1. Prego Vázquez, Gabriela
Revista:
Estudios de sociolingüística: Linguas, sociedades e culturas

ISSN: 1576-7418

Ano de publicación: 2002

Título do exemplar: Sociolinguistics in Galicia: Views on diversity, a diversity of views

Volume: 3-4

Número: 2-1

Páxinas: 229-253

Tipo: Artigo

Outras publicacións en: Estudios de sociolingüística: Linguas, sociedades e culturas

Resumo

Neste traballo analízase cómo circulan as fórmulas de presentación tradicionais galegas dende discursos producidos nas redes tradicionais ata a fala institucional e política propia das redes que emerxen no proceso de urbanización e democratización en Galicia. Partindo da Etnografía da Comunicación, da Sociolingüística Interaccional e da Análise Crítica do Discurso, estudiarei -dende unha ampla perspectiva interdisciplinar- a relevancia social destas prácticas discursivas na negociación das identidades locais. Observarase como os políticos, ademais de utilizar procedementos de presentación técnicos característicos da xerga política, mobilizan estratexicamente as fórmulas tradicionais de presentación (Prego Vázquez, 2000). Así mesmo, estudiarase cómo este tipo de circulación discursiva está relacionado co proceso de conversacionalización do discurso institucional (Fairclough, 1997), destinado a encubrir as relacións interactivas asimétricas entre representantes institucionais e individuos e, deste xeito, favorecer o exercicio da persuasión (Prego Vázquez, por aparecer). A análise baséase nun corpus de datos recollido en Bergantiños (A Coruña): está composto por regateos en mercados rurais, regueifas, desafíos verbais cantados e rimados nos que se enfrontan dous individuos e, finalmente, discurso público (político e institucional)