The Castilianist theory of the origin of the "gheada" revisited

  1. Recalde Fernández, Montserrat
Revista:
Estudios de sociolingüística: Linguas, sociedades e culturas

ISSN: 1576-7418

Ano de publicación: 2002

Título do exemplar: Sociolinguistics in Galicia: Views on diversity, a diversity of views

Volume: 3-4

Número: 2-1

Páxinas: 43-74

Tipo: Artigo

Outras publicacións en: Estudios de sociolingüística: Linguas, sociedades e culturas

Resumo

Resumo O propósito deste artigo é facer unha revisión crítica dos presupostos sociolingüísticos e ideolóxicos en que se basea a teoría castelanista sobre a orixe da gheada galega. Para iso revisaremos os conceptos de bilingüismo diglósico e prestixio, fundamentais nesta teoría, para dar conta do seu escaso grao de adecuación ó momento histórico ó que se aplican (séculos XVIII-XIX), debido á estructuración social e á situación cultural da Galicia do XVIII e o XIX. Así mesmo, intentaremos comprobar cómo esta teoría parte dunha concepción da interferencia lingüística propia do purismo xenofóbico (Thomas, 1991), recorre a tácticas de naturalización para presentar a súa doutrina como verdades de sentido común compartidas por todos, e contribúe a difundir o estigma desta variante sociolectal ó identificar as causas do cambio lingüístico coa incultura, a ignorancia ou a incapacidade das clases sociais máis baixas para articular un determinado son, proporcionando así unha base argumental á existencia de prácticas de marxinación e exclusión social baseadas no uso da lingua