18th century linguistic mentality and history of the Galician language

  1. Mariño Paz, Ramón
Revista:
Estudios de sociolingüística: Linguas, sociedades e culturas

ISSN: 1576-7418

Ano de publicación: 2002

Título do exemplar: Sociolinguistics in Galicia: Views on diversity, a diversity of views

Volume: 3-4

Número: 2-1

Páxinas: 1-41

Tipo: Artigo

Outras publicacións en: Estudios de sociolingüística: Linguas, sociedades e culturas

Resumo

Resumo Na Península Ibérica o século XVIII caracterizouse politicamente polo reforzo institucional da idea unitarista de España e, no outro lado da fronteira, pola reafirmación da independencia portuguesa trala época de submisión dos séculos XVI e XVII. Neste contexto, o idioma galego xogou para os intelectuais non galegos os papeis de ignorado e de negado, sendo para uns unha simple variedade vulgar do castelán e, para outros, unha forma arcaica e rústica do portugués; pola súa parte, os intelectuais galegos da época prestáronlle ó idioma de Galicia unha atención en xeral circunstancial ou anecdótica, só transcendida polo Padre Sarmiento,quen, ademais de redactar unha breve pero ben informada historia da lingua galega, concibiu para ela proxectos rexeneradores que poderían empezar a tirala do estado de prostración en que daquela se atopaba. Neste artigo faise unha revisión crítica das achegas á historia do galego que no século XVIII fixeron distintos autores irmandados por unha actitude de base netamente historicista e, por tanto, caracteristicamente dezaoitesca: para eles, a pescuda sobre a historia lingüística da Península Ibérica podería achegar chaves preciosas que desen resposta ás preguntas que daquela se facían sobre o galego, o portugués ou o castelán