Apuntamentos sobre corpo e feminidade na psicanálise lacaniá e na filosofía de Deleuze e Guattari

  1. Francisco Conde Soto
Libro:
Trazos de xénero no século XXI: III Xornada Universitaria Galega en Xénero, Pontevedra, 5 de xuño 2015
  1. González Penín, Anabel (dir.)
  2. López Díaz, Ana Jesús (dir.)
  3. Aguayo, Eva (dir.)

Editorial: Universidade de Vigo

ISBN: 978-84-8158-694-7

Ano de publicación: 2015

Páxinas: 179-188

Congreso: Xornada Universitaria Galega en Xénero (3. 2015. Pontevedra)

Tipo: Achega congreso

Resumo

Jacques Lacan, psicanalista francés, no seu seminario XX Aínda (1972- 73) introduce unha modificación no seu concepto de goce [jouissance] é afirma que é necesario distinguir dúas lóxicas: por unha banda, unha lóxica de goce fálico masculina, na que non se permite a excepción, unha lóxica do Todo; e por outra, unha lóxica feminina, onde está presente o goce fálico e ademais un suplemento de goce Outro. Este goce Outro resulta un enigma mesmo para quen o sente no seu corpo, do que non se pode dicir practicamente nada. Trátase de posicións do suxeito independentes da anatomía. Unha vez caído o réxime do Edipo a súa idea é que está en marcha na sociedade un proceso de feminización do goce que se está xa a producir e que dificilmente será parábel. O filósofo Gilles Deleuze e o psicanalista francés Félix Guattari pensan a feminidade no seu texto clave Mil mesetas (1980) co concepto de devir-muller. Devir-muller é unha operación referida á construción dun corpo sen órganos en clave feminina, é dicir, ir máis alá de pensar o corpo como un organismo para atender a aquilo máis singular de cada corpo. É unha noción que se pensa a si mesma como política, como un proceso de liberación da minoría que son as mulleres e de toda minoría. Tódolos suxeitos independentemente do seu sexo deben devir-muller. Trátase nesta comunicación de ver a coincidencia aló menos en dous puntos fundamentais de ámbalas dúas propostas: pensar a feminidade como unha maneira especial de relacionarse co propio corpo e soster que esa relación debe ser xeneralizada para todos os xéneros.