Análise da participación e representatividade feminina no sector financeiro galego
- María Dolores Castro País
- María Josefa Mosteiro García
- Ana María Porto Castro
- González Penín, Anabel (dir.)
- López Díaz, Ana Jesús (dir.)
- Aguayo, Eva (dir.)
Editorial: Universidade de Vigo
ISBN: 978-84-8158-694-7
Año de publicación: 2015
Páginas: 289-297
Congreso: Xornada Universitaria Galega en Xénero (3. 2015. Pontevedra)
Tipo: Aportación congreso
Resumen
Na Asemblea Xeral das Nacións Unidas, celebrada en Nova York no ano 2000, recoñécese a desigualdade de xénero como un factor que socava o progreso significativo, tanto en contextos sociais como organizacionais. Como proposta de cambio inclúense, entre os Obxectivos de Desenvolvemento do Milenio (ODM), un obxectivo independente sobre a igualdade de xénero “Promover a igualdade de xénero e o empoderamento da muller” (OMD 3). Unha década máis tarde, na Conferencia das Nacións Unidas sobre o Desenvolvemento Sostible (Río +20) celebrada en Brasil, incídese de novo na necesidade de “desbloquear o potencial das mulleres como motores do desenvolvemento sostible” destacando a necesidade urxente de establecer un novo enfoque integral e transformador para facerlles fronte ás barreiras estruturais e conseguir unha igualdade real entre mulleres e homes. Na actualidade, o cumprimento destas iniciativas segue sendo un reto. O acceso das mulleres á educación conseguiuse de forma xeneralizadae a súa participación no mercado de traballo aumentou de xeito significativo, sen embargo, o ámbito laboral segue a caracterizarse por un importante androcentrismo e por manter unha estrutura xerárquica característica das relacións de xénero das sociedades patriarcais. Unha das premisas dos novos enfoques que achega a perspectiva de xénero aos retos da sociedade actual é o avance na democracia representativa, a través da promoción da participación e o acceso das mulleres á toma de decisións. Partindo deste suposto a presente comunicación ten como obxectivo coñecer se a participación de mulleres e homes, dentro do sector financeiro galego é equitativa. A tal fin levamos a cabo un estudo descritivo e seleccionamos unha mostra de 374 mulleres e 605 homes empregadas/os de banca. Ademais da posición que unhas e outros ocupan dentro da organización, estúdase a súa situación persoal (idade, nivel de estudos,...) e profesional (cargo e categoría). Os resultados que derivan do traballo permítennos concluír que neste ámbito laboral aínda non se logrou superar o sesgo androcéntrico, necesario para acadar un desenvolvemento sostible que integre o sentir e as experiencias de vida das mulleres e os homes dende a igualdade de oportunidades