A representación das mulleres no mapa da cidadanía española no exteriorun reflexo da pegada migratoria?

  1. Rodríguez Galdo, María Xosé
  2. Freire Esparís, Pilar
Libro:
II Xornada Universitaria Galega en Xénero
  1. López Díaz, Ana Jesús (ed. lit.)
  2. González Penín, Anabel (ed. lit.)
  3. Aguayo Lorenzo, Eva (ed. lit.)

Editorial: Servizo de Publicacións ; Universidade da Coruña

ISBN: 978-84-9749-599-8

Ano de publicación: 2014

Páxinas: 327-335

Congreso: Xornada Universitaria Galega en Xénero (2. 2014. Ferrol)

Tipo: Achega congreso

Resumo

A representación das mulleres no Padrón de Españoles Residentes en el Extranjero (PERE), que publica o Instituto Nacional de Estadística (INE), sobrepasa o 51%, sendo esta superior en América (51,35%) e, a moi corta distancia, tamén en Europa (50,91%), os dous continentes que acolleron o maior volume da corrente migratoria española, se ben, por países, dita representación resulta máis acusada nuns que noutros. A superioridade numérica das mulleres no mapa da cidadanía española no exterior non pode entenderse como o reflexo directo dunha suposta feminización dos fluxos migratorios españois, tanto os da etapa americana como da europea, que non refrendarían as estatísticas da emigración española que normalmente se manexan, pero si invitan a estudar en qué medida esta pode reflectir aspectos substanciais da historia pasada e recente da emigración española, tanto de natureza económica como política, e, de maneira particular, a implicación das mulleres na mesma. A análise que realizamos aquí de dous casos ben representativos (Gran Bretaña e México) permite achegármonos ao por qué desas diferenzas na representación por sexo e a considerar o alcance dos estereotipos de xénero no canto de condicionar a visión dun fenómeno tan complexo, como é a relación mulleres e emigración.