Marie Anne Paulze Lavoisierunha descoñecida científica

  1. Bermejo Patiño, Manuel R.
  2. González Noya, Ana María
  3. Pintos Barral, Xoana
  4. Liste López, Socorro
Libro:
II Xornada Universitaria Galega en Xénero
  1. López Díaz, Ana Jesús (ed. lit.)
  2. González Penín, Anabel (ed. lit.)
  3. Aguayo Lorenzo, Eva (ed. lit.)

Editorial: Servizo de Publicacións ; Universidade da Coruña

ISBN: 978-84-9749-599-8

Ano de publicación: 2014

Páxinas: 165-171

Congreso: Xornada Universitaria Galega en Xénero (2. 2014. Ferrol)

Tipo: Achega congreso

Resumo

A contribución das mulleres á creación científica ao longo da historia da Humanidade non parece importante se consideramos o pouco que aparecen nos libros de texto; deste xeito, o alumnado non advertirá a existencia de mulleres que fixeron ou elaboraron leis ou teorías nas ciencias. Personaxes como: Hipatia de Alejandría, Hildegarda de Birgen, Caroline Herschel, María Cunitz, Marie Orr Evershed, Augusta Ada Byron, María Montagu, María Agnesi, Sophía Germain, Sonya Kovalevski, María Goeppter Mayer, Rosalin Franklin, Lise Meitner,..., son descoñecidas do gran público. Incluso aquelas que resultan ser coñecidas, como Irene ou Marie Curie, tampouco foron dabondo valoradas. Para recuperar estas mulleres científicas do silencio e do esquecemento e facelas visibles debemos sacar á luz as súas achegas. Este é o caso da protagonista da nosa comunicación. Marie-Anne Pierrette Paulze, que nos libros aparece como a esposa de Lavoisier, pero non como unha persoa con coñecementos científicos profundos como esperamos amosar. Presentamos as súas achegas no mundo da química, que practicaba xunto ao seu home, e a todos cantos científicos formaban o chamado grupo do Arsenal.