Augusto Assíaun xornalista viaxado

  1. Pousa Estévez, Xosé Ramón
Book:
Viaxes e construcción do pensamento: viaxes e viaxeiros na Galiza anterior a 1936: [Ourense, 13-16 de setembro de 2010]
  1. Fernández Pérez-Sanjulián, Carme (coord.)

Publisher: A Coruña: Universidade da Coruña, Servizo de Publicacións; Allariz (Ourense): Fundación Vicente Risco

ISBN: 978-84-9749-506-6

Year of publication: 2011

Pages: 295-311

Type: Book chapter

Abstract

Felipe Fernández Armesto-"Augusto Assía"-, con máis de cincuenta anos de exercicio do xornalismo para o diario barcelonés "La Vanguardia", é unha figura esencial para coñecer o século XX en Europa e representa un paradigma do xornalismo de opinión en España. Personalidade complexa, cunha evolución ideolóxica que vai desde o comunismo ortodoxo até o neoliberalismo, contou en primeira persoa, desde Berlín, Londres, Roma, Washington e Bonn, os principais acontecementos do século XX: o nacemento do fascismo en Europa, a Segunda Guerra Mundial, o Xuízo de Nuremberg, o Tratado de Roma, a Guerra Fría... "Augusto Assía" é, por décadas, un dos xornalistas con maior pegada do panorama español. Elevou á categoría de xénero xornalístico as "cartas ao director de La Vanguardia". Aínda hoxe é un referente da crónica de correspondente no extranxeiro.