Perpectivas de xénero nos alumnos/as das actividades e da carga de traballo no sisitema ects

  1. Salvador González, Xabier de
  2. Santos González, María del Carmen
Libro:
IX Congreso internacional galego-portugués de psicopedagoxía
  1. Barca Lozano, Alfonso (coord.)
  2. Peralbo, Manuel (coord.)
  3. Porto Rioboo, Ana María (coord.)
  4. da Silva, Bento Duarte (coord.)
  5. Almeida, L. (coord.)

Editorial: Universidade da Coruña

Ano de publicación: 2007

Congreso: Congreso Internacional Gallego-Portugués de Psicopedagogía (9. 2007. A Coruña)

Tipo: Achega congreso

Resumo

A converxencia con Europa en materia educativa, implica levar a cabo unha serie de actuacións e reformas na Educación Superior, tanto a nivel estrutural como organizativo. Un dos aspectos que mais preocupan ás autoridades académicas, como aos propios profesores, é precisamente a contabilización do tempo de traballo que ha de realizar o alumnado para acadar os obxectivos propostos na planificación das distintas materias que configuran os novos planos de estudio, desenvolvendo este traballo baixo os parámetros do sistema ECTS. O traballo que aquí presentamos ten como obxectivo coñecer o grado de percepción do alumnado respecto ao tempo que dedica ao seu traballo persoal e as actividades que desenvolve, segundo o xénero. Pretendemos ademais, saber a carga de traballo que manifestan os alumnos e as alumnas, a fin de contrastar as posibles diferenzas entre ambos. Dito estudio, enmárcase na experiencia piloto que a Universidade da Coruña (UDC) está levando a cabo a fin de que os profesores de forma voluntaria, adapten as súas materias ao sistema ECTS. Concretamente no programa denominado Os Grupos Departamentais de Calidade (GDC), sendo o número de materias implicadas no proceso de conversión ao sistema ECTS de 322 inicialmente (curso 2004/2005), das cales son avaliadas o 30% de materias durante o curso seguinte, con 2651 alumnos/as que responden ao cuestionario elaborado a tal efecto.