Percepción dos alumnos/as da carga de traballo no sistema ects:diferenzas segundo o ámbito científico

  1. Salvador González, Xabier de
  2. Santos González, María del Carmen
Libro:
IX Congreso internacional galego-portugués de psicopedagoxía
  1. Barca Lozano, Alfonso (coord.)
  2. Peralbo, Manuel (coord.)
  3. Porto Rioboo, Ana María (coord.)
  4. da Silva, Bento Duarte (coord.)
  5. Almeida, L. (coord.)

Editorial: Universidade da Coruña

Ano de publicación: 2007

Congreso: Congreso Internacional Gallego-Portugués de Psicopedagogía (9. 2007. A Coruña)

Tipo: Achega congreso

Resumo

O traballo que aquí presentamos, está contextualizado dentro das actuacións que dende fai tempo se están a desenvolver na Universidade da Coruña (UDC). Máis concretamente, centrarémonos na adaptación das materias ao sistema ECTS impartidas polos profesores/as que forman parte da experiencia piloto enmarcada no programa dos Grupos Departamentais de Calidade (GDC). Nesta ocasión, o noso interese céntrase na percepción do alumnado respecto ao tempo real de traballo e as actividades realizadas fora da aula (traballos individuais e en grupo, titoría, buscar/completar información, estudio, etc..). Indagamos no promedio de horas empregadas fora da aula, así como na carga de traballo e as actividades que desenvolve, para levar un seguimento das materias adaptadas ao sistema ECTS e acadar os obxectivos propostos. Dita indagación é levada a cabo segundo o ámbito científico ao que corresponde a titulación que cursan os alumnos/as que responden ao cuestionario. O número de materias implicadas no proceso de conversión ao sistema ECTS é de 322 inicialmente (curso 2004/2005), e que ademais se seguen adaptando no curso seguinte (2005/2006), das cales se avalían o 30% das mesmas, con 2671 alumnos/as que responden ao cuestionario elaborado a tal efecto, sendo a maioría de ditas materias o segundo ano que son impartidas polos profesores/as que forman parte dos GDC.