Os suplementos culturais na prensa escrita galega

  1. Aneiros Díaz, Rosa
  2. Pérez Pena, Marcos Sebastián
  3. López García, Xosé
Buch:
Comunicación local : da pesquisa á producción: actas do Congreso Internacional Lusocom 2006, Santiago de Compostela, 21 e 22 de abril de 2006
  1. Ledo Andión, Margarita (coord.)

Verlag: Universidad de Santiago de Compostela

ISBN: 84-9750-620-0

Datum der Publikation: 2006

Seiten: 4526-4537

Kongress: Congreso Internacional Lusocom (1. 2006. Santiago de Compostela)

Art: Konferenz-Beitrag

Zusammenfassung

Os xornais galegos manteñen nos últimos anos unha estratexia de diversificación e especialización de contidos, baseada na publicación de suplementos temáticos, nun espectro de temas que abrangue dende os centrados no mundo da economía, a educación ou a sociedade até a cultura e o ocio. Practicamente todos os xornais teñen cadanseu suplemento onde insiren e condensan contidos culturais. É importante definir o que entendemos por cultura (e asemade o que entenden os xornais) para sermos capaces de elaborar unha investigación rigorosa sobre os contidos culturais nos suplementos da prensa galega. A información cultural áchase moitas veces nun terreo fronteirizo escasamente delimitado doutros contidos máis vencellados ao ocio ou á actualidade de tipo social, e noutros momentos tende a confundirse con contidos publicitarios, ligados ás industrias culturais ou ás propias promocións do xornal. No caso dos suplementos, aínda que moitas veces poidan servir de contedor publicitario, quizais a delimitación máis importante que podemos facer é a que existe entre a cultura (máis académica e institucional) e o ocio (referido á cultura popular e de masas). Tamén resulta de interese comprobar a existencia ou non dunha cultura galega de seu nas páxinas dos xornais en contraposición aos contidos marcados polas grandes esferas mediáticas. A análise de contido dos suplementos da prensa galega permitiranos achegarnos á concepción cultural dos medios e o seu xogo -con equilibrios e desequilibrios- entre a cultura imposta polas empresas de ocio e a cultura propia en eterna redefinición.