A realidade da alfabetización dixital da empresa galegaa utilización dos sitios web como indicadores de calidade
- Calvo Ferreiro, María Dolores
- Otero López, María Luisa
- Ledo Andión, Margarita (coord.)
Editorial: Universidad de Santiago de Compostela
ISBN: 84-9750-620-0
Ano de publicación: 2006
Páxinas: 3627-3648
Congreso: Congreso Internacional Lusocom (1. 2006. Santiago de Compostela)
Tipo: Achega congreso
Resumo
As empresas, neste século, non se limitan á acumulación de beneficios. Os seus obxectivos deséñanse a partir de estratexias de calidade que fomentan a innovación en métodos e procedementos de actuación e fórmulas que melloran os eixos comunicativos cós representantes sociais. A preocupación pola forma na que se percibe o entramado empresarial desemboca no establecemento de mecanismos de transparencia que xestionan e difunden os gabinetes de comunicación. A incorporación das tecnoloxías e o seu uso para favorecer a interlocución dixital é un deses indicadores que inciden na realidade produtiva das empresas. A necesidade dunha fluída comunicación bidireccional configura a análise da presenza da empresa galega na rede coa finalidade de identificar e discriminar os rasgos da participación corporativa en Internet. O equipamento tecnolóxico xa forma parte do contorno económico galego, así como a presenza na rede de redes, a través de sitios onde ofertan produtos e bens. Sen embargo, aínda queda un desenvolvemento máis extensivo das potencialidades que presenta Internet e unha necesidade de modificar as características do escaparate web para un uso eficaz, satisfactorio e rápido deses espazos dixitais, de tal xeito que se acomoden aos parámetros da facilidade de uso, da arquitectura da información e da calidade comunicacional.