Estudios de literatura medieval italianahomenaje in memoriam

  1. Domínguez Ferro, Ana María hom.
  2. Isabel González ed. lit.

Editorial: Universidad de Santiago de Compostela

ISBN: 978-84-16954-75-9

Ano de publicación: 2018

Tipo: Libro

Resumo

Ana Mª Domínguez Ferro foi profesora titular de Filoloxía Italiana na Universidade de Santiago de Compostela desde o ano 1997. Licenciada en 1986 en Filoloxía Hispánica, doctorouse en Filoloxía Italiana en 1992 cunha tese acerca das manifestacións amorosas dos poetas da Scuola Poetica Siciliana. Sobre este argumento desenvolveu boa parte das súas investigacións posteriores, que constitúen no seu conxunto un referente esencial para o estudo dos poetas da corte de Federico II. Relevantes son tamén as súas pescudas sobre a literatura de viaxes, os estudos de xénero e o Humanismo e Renacemento. Traballadora incansable, sobresae así mesmo o seu maxisterio académico durante tres décadas nas aulas da Facultade de Filoloxía da USC. Ana faleceu en Compostela no mes de xaneiro de 2017, deixando os seus alumnos, colegas e amigos en profundo desacougo e desamparo. Este volume de homenaxe in memoriam, que recompila parte do seu traballo investigador no campo da literatura medieval italiana, conságrase, desde o más profundo afecto, a dar testemuño da gratitude y o recoñecemento colectivo a un legado humano e académico impagable.