Xeomorfoloxía e paisaxes xeográficas, catro décacas de investigación e ensinohomenaxe a Augusto Pérez Alberti
- Ramón Blanco Chao coord.
Editorial: Universidad de Santiago de Compostela
ISBN: 978-84-16954-96-4
Ano de publicación: 2018
Tipo: Libro
Resumo
Viaxeiro infatigable, profundo admirador e analista da paisaxe, minucioso investigador, docente recoñecido e entusiasta, a polifacética obra de Augusto Pérez Alberti esténdese ao longo de corenta anos, nos que o seu nome foi acuñándose como imprescindible referencia da moderna xeomorfoloxía e a análise da paisaxe xeográfica, ao punto de ter sido un dos factores máis relevantes no estímulo e configuración da nova titulación de Xeografía da Universidade de Santiago de Compostela. Co gallo da xubilación do mestre, máis de cincuenta colegas, concítanse nas páxinas deste volume ofrecido na súa homenaxe e consagrado ás principais disciplinas e liñas de investigación polas que, ao longo de tan dilatada e vizosa carreira, o profesor Pérez Alberti vén transitando: xeomorfoloxía, con atención especial á xeomorfoloxía costeira, glaciar e periglaciar; hidroloxía; estudo da paisaxe e ordenación territorial; paleoambiente; aspectos didácticos das materias xeográficas...