A pedagoxía dos valores en Galicia
- Santos Rego, Miguel Anxo coord.
Editorial: Servicio de Publicaciones e Intercambio Científico ; Universidad de Santiago de Compostela
ISBN: 84-8121-834-0
Ano de publicación: 2000
Tipo: Libro
Resumo
Directa e indirectamente, explícita e implicitamente, todos estamos tocados por unha dimensión axiolóxica na vida en xeral, e nas variopintas manifestacións desta. Os profesores non podemos ser alleos a esta dimensión vital, e menos intentar pasar de puntillas por unha cuestión de tanto calado na formación dos alumnos, e mesmo no proceso de profesionalización docente. Pode que unha das virtualidades da reforma educativa dos anos noventa fose atreverse a poñer o tema enriba da mesa. Aínda así, sen entrar agora na etioloxía do problema, sabemos que estamos diante dunha parcela de traballo educativo onde escasea o compromiso e, as veces, tamén a motivación, sobre todo cando moitos educadores senten, como Octavio Paz, o labirinto da soidade. Por iso é necesario entender, aínda que non se teña que compartir enteiramente, a perplexidade daqueles que manifestan botar de menos mellores formatos de preparación teórica e práctica.