A estandarización do léxico

  1. Álvarez de la Granja, María ed. lit.
  2. González Seoane, Ernesto Xosé ed. lit.

Editorial: Consello da Cultura Galega

ISBN: 84-95415-75-5

Ano de publicación: 2003

Tipo: Libro

Resumo

Este volume reúne as contribucións dos especialistas que participaron no Simposio Léxico e Estandarización en Galicia celebrado en novembro de 2002 na Universidade de Santiago de Compostela. Das diversas tarefas que implica a planificación do corpus dunha lingua minorizada, a codificación e estandarización do léxico é seguramente unha das máis complexas e problemáticas, e o galego é un exemplo abondo ilustrativo a este respecto. Tras varios anos de innegables avances neste eido, probablemente era chegado o momento de abrir un proceso de reflexión que permitise realizar un balance dos logros atinxidos e das tarefas pendentes. Foi este o obxectivo que moveu á celebración do Simposio Léxico e estandarización en Galicia, celebrado en novembro de 2002 na Universidade de Santiago de Compostela e no que numerosos especialistas foron convidados para expoñer as súas ideas sobre diversos aspectos relacionados coa estandarización do léxico. Este volume reúne as contribucións presentadas no Simposio, coas revisións e ampliacións que os autores consideraron necesarias para a edición dos textos.