A comunicación en Galicia 2013

  1. López García, Xosé coord.
  2. Rivas, Manuel coord.
  3. Aneiros Díaz, Rosa coord.

Editorial: Consello da Cultura Galega

ISBN: 978-84-92923-47-2

Ano de publicación: 2013

Tipo: Libro

Resumo

Este traballo inclúe dezasete contribucións en que se achegan outras tantas reflexións ao redor dalgúns dos aspectos da comunicación e da cultura en Galicia nestes tempos do terceiro milenio. Son todos os que están, aínda que faltan outros enfoques posibles e outros ámbitos ao redor dos que tamén haberá que reflexionar, en especial sobre a formación dos comunicadores e a investigación da comunicación no noso país. O vindeiro informe da comunicación dará conta das próximas transformacións do sector e porá de manifesto se, efectivamente, tal e como determinan os agoiros, a crise de modelo de negocio permanecerá durante un tempo máis ou comezan a establecerse iniciativas viables no ámbito da comunicación en Galicia. O que resulta evidente é que non hai volta atrás e que temos diante de nós un futuro incerto e, tamén, cheo de oportunidades, se a brétema dos avances tecnolóxicos e da crise económica non nos fai esquecer a importancia dos contidos e da sociedade que, de xeito cada vez máis activo e crítico, os recibe e emite.