Estudio de los efectos biológicos de biomoléculas de origen marino sobre cultivos de células humanas y modelos animales de enfermedades human
- Roel Sánchez, María
- Luis Miguel Botana López Director
- Juan Andrés Rubiolo Gaytán Co-director
Universidade de defensa: Universidade de Santiago de Compostela
Fecha de defensa: 27 de abril de 2018
- Juan Ignacio Ramos Martínez Presidente
- Eva Mª Cagide Otero Secretario/a
- Ralph Urbatzka Vogal
Tipo: Tese
Resumo
A Tese Doutoral “Estudo dos efectos biolóxicos de biomoléculas de orixe mariña sobre cultivos de células humanas e modelos animais de enfermidades humanas” describe en profundidade os efectos biolóxicos dos alcaloides guanídinicos orixinalmente illados a partir da esponxa mariña Crambe crambe coñecidos coma crambesciñas e crambescidiñas. As crambescidiñas constitúen unha ampla familia de metabolitos secundarios cunha interesante actividade anticanceríxena fronte a diversos tipos de tumores de orixe humana. Esta Tese Doutoral caracteriza os mecanismos celulares causantes de dito efecto así coma as distintas vías de sinalización implicadas. De igual xeito, este traballo describe por primeira vez a súa actividade sobre as adhesións célula-célula, célula-matriz e o citoesqueleto celular, ademáis de corroborar a súa eficacia e capacidade para deter o crecemento e producir a regresión tumoral in vivo. Os efectos biolóxicos de varios análogos da familia das crambesciñas tamén foron obxecto de estudo durante a elaboración da presente Tese Doutoral, demostrando a súa actividade citoprotectora fronte o dano oxidativo mediante o incremento dos niveis celulares das proteínas da familia das metalotioneíñas. Os resultados aquí presentados reafirman a utlidade farmacolóxica dos compostos de orixe mariña e o seu valor coma moléculas líderes para a síntese de novas estructuras químicas.