Cumprimento e adhesión á ordenación do marisqueo en contextos institucionais concretosánalise do furtivismo marisqueiro en Galicia

  1. Martí­nez Ballesteros, Ví­ctor Hugo
Dirixida por:
  1. Gonzalo Rodríguez Rodríguez Director

Universidade de defensa: Universidade de Santiago de Compostela

Fecha de defensa: 19 de abril de 2018

Tribunal:
  1. Fernando González Laxe Presidente/a
  2. María do Carme García Negro Secretaria
  3. Bertrand Le Gallic Vogal
Departamento:
  1. Departamento de Economía Aplicada

Tipo: Tese

Resumo

Nesta tese desenvolveuse unha liña de investigación sobre o furtivismo marisqueiro en Galicia, o cal foi entendido como a falta de adhesión voluntaria á ordenación marisqueira . A achega central deste traballo foi presentar as potencialidades da co-xestión dos recursos nas comunidades marisqueiras galegas, enfatizando a súa capacidade para intervir na xestión adaptada do furtivismo. Catro vectores de estudo foron abordados nesta tese: a) Explorouse o ambiente institucional comunitario e os arranxos informais que se poden materializar neses contextos; b) ao redor da esfera institucional informal e da súa influencia na xestión, foi abordada a posible tolerancia do furtivismo nas comunidades de mar; c) profundouse no estudo dos lindes da comunidade definíndoos segundo a percepción das mariscadoras e mariscadores galegos; d) Satisfacendo a premisa de que cada tipo de furtivo debe ser combatido dun modo adaptado, elaborouse unha clasificación de furtivos, exclusiva e exhaustiva. Esta clasificación non só viu a encher un baleiro teórico na literatura sobre furtivismo, ademais creouse co fin de orientar políticas de acción especificas que melloren a xestión adaptada do furtivismo marisqueiro.