O espazo en primeiro lugara teoría do colapso territorial en Galiza
- CONSTENLA VEGA, XOSÉ
- Rubén Camilo Lois González Director
Universidade de defensa: Universidade de Santiago de Compostela
Fecha de defensa: 05 de setembro de 2017
- Xosé Manuel Beiras Torrado Presidente/a
- Jesús Manuel González Pérez Secretario/a
- Josefina Gómez Mendoza Vogal
Tipo: Tese
Resumo
A xeografía, como disciplina académica, non sempre foi considerada como unha rama importante no seo das humanidades e das ciencias sociais. Porén, a información espacial estivo historicamente moi relacionada co poder e co predominio dos distintos tipos de civilización. Co despregue do modo de produción capitalista temos asistido nos últimos decenios á emerxencia dunha serie de procesos que deron como resultado algunhas patoloxías no comportamento da mesma espacialidade contemporánea a todas as escalas. O territorio galego non ficou alleo ás transformacións da sociedade actual senón que, se cadra, padeceu con maior virulencia as consecuencias de múltiples procesos sociais, económicos e culturais descoñecidos até hai pouco tempo. Aplicando os paradigmas da xeografía radical en confluencia coas ideas da Teoría Xeral de Sistemas, pódese reflexionar sobre a perda de complexidade irreversíbel que deu finalmente lugar un estado comprobábel de "colapso" do sistema territorial. Esta Tese de Doutoramento supón un intento de explicación, de xeito sistematizado, destes cambios, poñendo “o espazo en primeiro lugar”.