Estudo dos fluxos fiscais directos e indirectos entre Galicia e a Administración CentralUnha análise a través da balanza fiscal básica e ampliada de Galicia e dos fluxos interterritoriais ocultos

  1. Turnes Abelenda, Juan Alberto
unter der Leitung von:
  1. Xavier Vence Deza Doktorvater

Universität der Verteidigung: Universidade de Santiago de Compostela

Fecha de defensa: 13 von Juli von 2018

Gericht:
  1. Santiago Lago Peñas Präsident/in
  2. Oscar Rodil Marzábal Sekretär
  3. Maite Vilalta Vocal
Fachbereiche:
  1. Departamento de Economía Aplicada

Art: Dissertation

Zusammenfassung

Esta tese ten por obxectivo xeral, estudar as relacións de fluxos fiscais directos e indirectos que se dan entre Galicia e a Administración Central. Para a análise dos fluxos fiscais directos elabórase a balanza fiscal de Galicia para o período 2002-2013, seguindo o seguinte razoamento. En primeiro lugar estímase o “saldo da balanza fiscal básica”, onde só se teñen en conta as transferencias da Administración Central do Estado ás Administracións Autonómica e Local, o gasto do Estado en bens e servizos e persoal en Galicia e o investimento real. En segundo lugar, estímase o saldo da “balanza fiscal ampliada”, onde se engaden os gastos financeiros e o gasto correspondente á protección social. Co obxectivo de analizar os fluxos indirectos e sendo a principal novidade que aporta este traballo, cuantifícanse os denominados fluxos interterritoriais ocultos que derivan do gasto en obra pública promovido polo o Estado en Galicia e que se materializan nos beneficios industriais e gastos xerais que obteñen as empresas contratistas.. A partir deste punto a tese adquire unha maior dimensión, que nos permite analizar de forma mais ampla o proceso de descentralización política e fiscal en España.