Caracterización de nuevos factores de virulencia del patógeno nosocomial "Acinetobacter baumannii"

  1. Álvarez Fraga, Laura
Dirixida por:
  1. Alejandro Beceiro Casas Director
  2. Germán Bou Arévalo Co-director
  3. Margarita Poza Domínguez Co-director

Universidade de defensa: Universidade da Coruña

Fecha de defensa: 16 de abril de 2018

Tribunal:
  1. Jordi Vila Estapé Presidente/a
  2. Ana Otero Secretaria
  3. Concepción Herrero Vogal

Tipo: Tese

Teseo: 546613 DIALNET lock_openRUC editor

Resumo

Acinetobacter baumannii é un patóxeno oportunista que xurdiu nos últimos anos como un dos microorganismos máis perigosos dentro do ambiente hospitalario. Na presente tese doutoral caracterizáronse dous novos factores de virulencia que poderían explicar parcialmente a habilidade que ten A. baumannii para causar unha infección. O xene LH92_11085 de A. baumannii MAR002, implicado na formación dun pilus tipo chaperona- usher, atopouse sobreexpresado en células do biofilm en comparación con células planctónicas. A inactivación deste xene resultou nunha redución na capacidade da cepa de formar biofilm e de adherirse a células epiteliais e nun descenso na virulencia. O xene A1S_0242 (feoA) da cepa A. baumannii ATCC 17978, que está implicado na captación de ferro e que se atopou sobreexpresado durante un proceso de pneumonía, xoga un papel na adhesión, na formación de biofilm, na resistencia ó estrés oxidativo e na virulencia in vivo. Todos os resultados obtidos durante esta tese doutoral demostraron a contribución destes xenes na patoxénese de A. baumannii.