Espazos comunicativos como lugares de encontro socialDos teleclubs ás radios comunitarias en Galicia

  1. Amorín López, Oliva
Supervised by:
  1. Marcelo Antonio Martínez Hermida Director

Defence university: Universidade de Santiago de Compostela

Fecha de defensa: 17 September 2018

Committee:
  1. Manuel Chaparro Escudero Chair
  2. Fermín Galindo Arranz Secretary
  3. Marina Hernández Prieto Committee member
Department:
  1. Department of Communication Sciences

Type: Thesis

Abstract

O lugar de encontro social, categoría central desta tese, supón a existencia dun espazo físico común que posibilita a participación, o diálogo entre as persoas e a relación de compartir, e que contribúe así mesmo ao fortalecemento do tecido asociativo. Baixo esta perspectiva, abórdase o estudo das radios comunitarias galegas, concretamente de Cuac FM da Coruña e de Radio Filispim de Ferrol. Inclúese ademais a revisión doutros espazos comunicativos de participación comunitaria en Galicia, os teleclubs, pois, malia as diferencias entre ambas as dúas experiencias, a visión destes últimos como centros de reunión e interacción da comunidade permite relacionalos coa idea do lugar de encontro social e as radios comunitarias.