A prevención de riscos laborais nos centros públicos de ensino non universitario de Galizacara a unha nova realidade organizativa na mellora da calidade

  1. ÁLVAREZ RIVERA, ALFREDO
Dirixida por:
  1. Margarita R. Pino Juste Director

Universidade de defensa: Universidade de Vigo

Fecha de defensa: 16 de xullo de 2015

Tribunal:
  1. María-Luisa Rodicio-García Presidente/a
  2. Antonio López Castedo Secretario/a
  3. Alfredo Campos García Vogal

Tipo: Tese

Teseo: 385373 DIALNET

Resumo

Neste momento no que, coa chegada dunha nova lei de educación (LOMCE), o ensino e a calidade do mesmo volven estar de actualidade, os centros docentes deben respostar cunha mellora continua da calidade do servizo que prestan á sociedade. E non poderemos acadar unha mellora substancial sen prestar especial atención á saúde laboral, á seguridade e a prevención dos riscos laborais do persoal docente non universitario de Galiza, preto de 32.000 persoas. A Lei de prevención de riscos laborais do ano 1995 é o marco legal básico de referencia e punto de partida de todas as accións relacionadas coa seguridade e a saúde laboral das persoas trablladoras. O obxectivo fundamental deste traballo é coñecer a situación da saúde laboral docente, da seguridade e da prevención de riscos laborais do colectivo de docentes non universitarios de Galiza baseándonos nas opinións do profesorado galego e cunha metodoloxía mixta, cuantitativa e cualitativa, fundamentada na información obtida de cuestionarios e do grupo de discusión creados a tal efecto. Despois da análise da información obtida cos procedementos e o software estatístico utilizado, as conclusións non son moi alentadoras ou positivas xa que o profesorado galego non tivo dereito a facer durante 18 anos, ata o presente curso 2014-15, algo tan básico como é o recoñecemento médico anual prescritivo por lei dende o ano 1995. O profesorado opina que tampouco se está a facer nada en canto aos seus riscos psicosociais coma o estrés, burnout, desmotivación ou fatiga mental. Esta investigación conclúe cunhas propostas ou liñas de actuación moi concretas nas que, a modo de exemplo, destacamos as relacionadas coa información, formación, riscos psicosociais, vixilancia da saúde ou a promoción da cultura da prevención dende os primeiros anos no ámbito escolar. Adxuntamos tamén, para finalizar, unha última proposta ou modelo práctico para a realización do proceso chave de avaliación dos riscos laborais específicos das diferentes tipoloxías de centros de ensino.