A formación do profesorado en educación interculturalavaliación e perspectivas de futuro en Galiza

  1. CERNADAS RÍOS, FRANCISCO XABIER
Dirixida por:
  1. Miguel Anxo Santos Rego Director
  2. María del Mar Lorenzo Moledo Co-director

Universidade de defensa: Universidade de Santiago de Compostela

Fecha de defensa: 13 de maio de 2011

Tribunal:
  1. Miquel Martínez Martín Presidente/a
  2. Julia María Crespo Comesaña Secretaria
  3. Xavier Besalú Costa Vogal
  4. Concepción Naval Durán Vogal
  5. María Lourdes Montero Mesa Vogal
Departamento:
  1. Departamento de Pedagoxía e Didáctica

Tipo: Tese

Resumo

Partindo da conveniencia de aproveitar a diversidade cultural aportada pola presenza de alumnado inmigrante nas aulas -un dos retos de futuro máis importantes aos que se enfronta o sistema educativo-, o traballo céntrase na necesidade de formación do profesorado no eido da Educación Intercultural, a partir das opinións dos protagonistas: profesoras e profesores de Educación Infantil e Primaria en Galiza. O documento estrutúrase en dúas partes. Na primeira delas, preséntanse as bases teóricas que proporcionan a fundamentación estratéxica ao posterior estudo empírico, que constitúe a segunda parte. A investigación céntrase na análise dos resultados da aplicación de senllos enquéritos a cadansúa mostras de profesorado e centros educativos de Galiza.Trátase, en síntese, dun estudo dirixido a descubrir o imaxinario e calibrar o compoñente actitudinal do profesorado galego a propósito da teoría e práctica da Educación Intercultural en Galiza.