Universidade, responsabilidade social e aprendizaxe-servizoun estudo na Universidade de Santiago de Compostela

  1. Agrafojo Fernández, Javier
Dirixida por:
  1. Miguel Anxo Santos Rego Director
  2. Antonio F. Rial Sánchez Director

Universidade de defensa: Universidade de Santiago de Compostela

Fecha de defensa: 14 de decembro de 2015

Tribunal:
  1. Félix Etxeberria Balerdi Presidente/a
  2. María del Mar Lorenzo Moledo Secretaria
  3. María José Méndez Lois Vogal
  4. Ángel García del Dujo Vogal
  5. Alfonso Cid Sabucedo Vogal
Departamento:
  1. Departamento de Pedagoxía e Didáctica

Tipo: Tese

Resumo

O presente estudo, co que se pretende optar ao grao de Doutor en Ciencias da Educación, xorde da idea de tratar de poñer en valor as diferentes competencias e habilidades, persoais, académicas e profesionais, que o alumnado da Universidade de Santiago de Compostela que colabora en actividades de voluntariado e participación social obtén polas súas colaboracións. Pero non só dende unha visión teórica, senón dende a que eles mesmos perciben, logo de ter realizado as súas colaboracións. Así, son os propios estudantes os que nos fan ver que a adquisición de competencias pode ampliarse máis aló do tradicional enfoque de contidos de cada grao e, como non, poñendo en valor a participación social e o voluntariado, a través de metodoloxías da aprendizaxe xa testadas e recoñecidas noutras realidades sociais, pero que están iniciando a súa expansión no noso Estado, como é a aprendizaxe-servizo. Nesta investigación tratamos de poñer en valor tanto a visión que ten o alumnado das súas colaboracións como voluntarias e voluntarios, como a importancia dos novos servizos e estruturas que as institucións de ensino superior teñen posto en marcha nestes últimos anos. Tratase de validar as propostas vinculadas á Responsabilidade Social Universitaria que entidades como a Universidade de Santiago de Compostela teñen en marcha para así tratar de favorecer con novos e testados argumentos, a introdución da aprendizaxe-servizo como unha metodoloxía máis de traballo na aula, e fora da aula, que, ademais, se corresponderá cunha idea da educación superior máis implicada no desenvolvemento social e a adquisición de valores que, na complexa realidade da coxuntura pola que atravesamos pode supoñer a formación de profesionais socialmente máis activos e comprometidos co desenvolvemento de estruturas sociais, económicas e cidadás máis xustas e participativas, e que favorezan a desaparición das cada vez máis profundas e preocupantes desigualdades económicas e sociais nos escenarios nacionais e