As reescrituras dos contos marabillosos na literatura infantil e xuvenil galega
- Ferreira Boo, María del Carmen
- Blanca Ana Roig Rechou Director
- Sara Reis da Silva Co-director
Universidade de defensa: Universidade de Santiago de Compostela
Fecha de defensa: 18 de xaneiro de 2016
- Anxo Tarrío Varela Presidente/a
- Armando Requeixo Cuba Secretario/a
- Ana Margarida Ramos Vogal
- Isabel Mociño González Vogal
Tipo: Tese
Resumo
O obxecto central deste estudo é a reflexión e análise das reescrituras dos contos marabillosos na Literatura Infantil e Xuvenil galega dende as súas orixes até o ano 2010. Na primeira parte, realízase unha fundamentación teórica e metodolóxica sobre o conto de transmisión oral en xeral e o conto marabilloso, en particular, reparando sobre todo nas achegas teóricas de Vladimir Propp (1928, 1946) e Antonio Rodríguez Almodóvar (1982, 1989, 2004) sobre a súa orixe, definición, caracterización e actantes, ademais de recoller as reflexións dos estudosos sobre o seu aproveitamento, modificación e reescrituras na conformación da Literatura Infantil e Xuvenil. A segunda parte, a máis extensa, ofrece unha breve contextualización socio-política e cultural e un percorrido pola Historia da Literatura Infantil e Xuvenil galega para situar diacronicamente a produción narrativa infantil e xuvenil dos catro tipos de reescrituras dos contos marabillosos (instrumentais, lúdicas, ideolóxicas e humanizadoras), propostas por Valriu (2010), en tres períodos cronolóxicos (das orixes a 1980, de 1980 a 2000 e de 2000 a 2010) nos que se constata o abundante número de publicacións e as innovacións que ofrecen en canto ao hipotexto. Ademais, ao finalizar a panorámica de cada período, coméntanse máis exhaustivamente unha selección daquelas reescrituras “lúdicas”, “ideolóxicas” e “humanizadoras” máis representativas e innovadoras en cada periodo, reparando no argumento, estrutura, punto de vista, temporalización, espacialización, personaxes e ilustracións. Finalmente coas conclusións, ademais da visión xeral e en conxunto sobre os cambios e innovacións máis salientables, achégase a tipoloxía daqueles personaxes arquetípicos dos contos marabillosos que se empregaron nas reescrituras narrativas infantís e xuvenís galegas.