Sistema audiovisual e instituciónspolíticas públicas no caso galego
- Mouriño Cabaleiro, Cristina
- Xosé Pereira Fariña Director
- Xosé López García Director
Universidade de defensa: Universidade de Santiago de Compostela
Fecha de defensa: 26 de xaneiro de 2016
- Margarita Ledo Andión Presidenta
- Francisco Campos Freire Secretario
- Antonio Sanjuán Vogal
- Juan Carlos Miguel de Bustos Vogal
- Carmen Ciller Tenreiro Vogal
Tipo: Tese
Resumo
En Sistema audiovisual e institucións: políticas públicas no caso galego preténdese describir, contextualizar e analizar as medidas adoptadas polo Goberno galego na década posterior á aprobación da Lei 6/1999, do 1 de setembro, de audiovisual de Galicia. Tómase como fonte de estudo exclusivamente fontes oficiais (os Diario Oficial de Galicia e a Lei de orzamentos) co fin de trazar unha radiografía dos organismos, entidades e departamentos de financiamento con competencias na materia que nos permita coñecer en termos cuantitativos e cualitativos as liñas de acción e medidas adoptadas polo Goberno neste período. Nela cuantifícase o papel destacado da TVG, SA como entidade que sustenta o audiovisual galego; fíxase o papel determinante do Igape e dimensíonase a relevancia das subvencións ao fomento do audiovisual dentro das accións desenvolvidas polos gobernos de catro lexislaturas.