Cálculo de la transformación lluvia-escorrentía mediante un modelo Saint Venant 2Dvalidación mediante datos de campo y laboratorio

  1. Garrido Armas, Marta
Dirixida por:
  1. Luis Cea Director
  2. Jerónimo Puertas Director

Universidade de defensa: Universidade da Coruña

Fecha de defensa: 21 de novembro de 2017

Tribunal:
  1. María Elena Vázquez Cendón Presidenta
  2. Luis Pena Mosquera Secretario/a
  3. Ernest Bladé Castellet Vogal

Tipo: Tese

Teseo: 520478 DIALNET lock_openRUC editor

Resumo

Esta tese doctoral enmárcase dentro do estudo da aplicación de modelos distribuídos 2D a cálculos de transformacións choiva-escorrentía. Aínda que na actualidade a aplicación de modelos bidimensionales á modelización de escorrentía superficial xa é unha realidade, a utilización de modelos que aplican as ecuacións completas de Saint Venant 2D (ou onda dinámica 2D) a todo o proceso de escorrentía, e non versións simplificadas das mesmas, é aínda incipiente e obxecto de estudo. Abórdanse tamén nesta tese o estudo doutros dous aspectos relevantes na modelización de escorrentía superficial, como son a forma de incluír obstáculos urbanos no modelo e a influencia da distribución especial da precipitación neste tipo de cálculos. Os traballos realizados inclúen a validación dun modelo Saint Venant 2D para cuencas artificiais de laboratorio (especialmente deseñadas para esta tese) sobre a que se desenvolven diferentes configuracións urbanas e eventos de precipitación. Tamén se valida o modelo sobre dúas cuencas reais ampliamente instrumentadas: unha cuenca urbana de 12 ha de superficie situada en Galicia (España) e unha cuenca rural de 24 km2 pertencente á cuenca experimental de Walnut Gulch en Arizona (EEUU). Hase evaluado a sensibilidade do modelo a diferentes parámetros e aproximaciones, e valorado a incerteza do mesmo para cada caso.