Sentido da vida, afrontamento e intelixencia emocional nos adolescentes galegos

  1. Macía Couto, Lorena
Dirixida por:
  1. José Domínguez Alonso Director
  2. Antonio López Castedo Co-director

Universidade de defensa: Universidade de Vigo

Fecha de defensa: 21 de setembro de 2017

Tribunal:
  1. Alfredo Campos García Presidente
  2. Alfonso Barca Lozano Secretario/a
  3. Carmen Verde Diego Vogal
  4. Antonio Sánchez Cabaco Vogal

Tipo: Tese

Resumo

A educación é un piar fundamental de calquera civilización, tanto ou igual como a saúde, é por iso que se debe traballar no día a día para fomentar unha boa educación en tódolos niveis educativas. Ao largo dos anos, despois da restauración da democracia, implantáronse multitude de leis educativas coa finalidade de mellorar a calidade desta. Dende o ano 1970 foron instaurandose ata doce leis orgánicas de educación e aínda así non se atopan notables melloras. España segue estando na cola de Europa en comparación con outros países (alto porcentaxe de abandono escolar, poucos alumnos brillantes, conductas disruptivas nas aulas e difícil saída ao mercado laboral entre outros). Estes resultados son pésimos á hora de valorar o sistema educativo español, demostrándose que non vale de nada cambiar unha e outra vez as leis se o problema é o descoñecemento das preocupacións e problemas reais dentro dos centros educativos. Actualmente, a relación existente entre a diversidade de recursos e o rendemento académico dos estudantes non está equilibrada, e seguirá sendo así de non realizar unha análise das necesidades reais. Por todo iso, ten unha gran importancia a realización de investigacións que permitan valorar o estado actual dos estudantes, mestres e profesores, centros docentes e inclusive o sistema educativo. Atopar perfiles de comportamento, preocupacións, actitudes ou necesidades educativas, permite elaborar instrumentos adecuados para que os alumnos e alumnas poidan sacar un máximo rendemento de si mesmos, non só dentro da escola ou instituto, senón tamén, dentro dun futuro próximo, como profesionais dentro do mundo laboral e social. Con este estudo quérese ofrecer unha visión de como os estudantes presentan maior ou menor sentido de vida, termo que, por exemplo, permite axudar a comprender parte das causas do abandono escolar; os estilos de afrontamento que utilizan para resolver os problemas do día a día e poder ensinarlles estratexias eficaces que reduzan o estres, tan presente na actualidade dentro da sociedade; e o nivel de intelixencia emocional, moi importante para levar a cabo unhas sans relacións sociais e autocoñecemento de si mesmos. A análise minuciosa levada a cabo nesta investigación, servirá como eixe para poder intervir dentro dos centros de educación secundaria obrigatoria, e ter un punto de partida para levar a cabo intervencións a partir dos datos acadados. Este estudo está composto por seis capítulos onde se desenvolve o marco teórico e empírico, ademais das referencias bibliográficas e anexos incluídos ao final do mesmo. No capítulo 1, desenvólvese o construto sobre o sentido da vida. Realízase un estudo teórico sobre a evolución histórica e conceptual do termo ademais de mostrar os instrumentos de medida realizados ao longo dos anos para a súa medición e o estado da investigación do mesmo. No capítulo 2, céntrase na evolución do afrontamento. Lévase a cabo a aproximación conceptual do termo de afrontamento, desenvólvense as diferentes estratexias de afrontamento e así mesmo realízase un estudo dos instrumentos de medida máis utilizados e o estado da investigación sobre este construto. No capítulo 3, analízase a evolución do termo de intelixencia emocional, desenvólvense os modelos teóricos deste construto e móstranse o instrumento de medida máis utilizados, ademais de de realizar unha pequena visión de como este construto se relaciona co mundo escolar. No capítulo 4, preséntase a metodoloxía da investigación a través da delimitación e formulación do problema (obxectivos, hipóteses e variables), o deseño e as fases da investigación (poboación e mostra, instrumentos de avaliación e procedemento de recollida de datos) e as análises realizadas. No capítulo 5, destínase a examinar os resultados obtidos na investigación sobre os construtos sentido de vida, afrontamento e intelixencia emocional en relación as variables socioeducativas analizadas (idade, xénero, tipo de centro, provincia, curso, rendemento académico e estrutura familiar). No capítulo 6, preséntase a discusión dos resultados (contrastando os resultados obtidos coa evidencia e achados doutras investigacións), as conclusións finais, así como as limitacións e propostas de mellora. E finalmente, este estudo compleméntase coas referencias bibliográficas consultadas e a incorporación de documentos complementarios necesarios (anexos).