Proliferación de linfocitos T humanos en relación coa expresión e localización de CD45RO

  1. Pérez Díaz, Amparo
Dirixida por:
  1. Montserrat Nogueira Álvarez Director
  2. Francisco Javier Salgado Castro Co-director

Universidade de defensa: Universidade de Santiago de Compostela

Fecha de defensa: 29 de outubro de 2010

Tribunal:
  1. Isabel Bernárdez Hermida Presidente/a
  2. María del Pilar Arias Crespo Secretaria
  3. Almudena Fernández Briera Vogal
  4. Francisco Javier González Barcala Vogal
  5. José Enrique O'Connor Blasco Vogal
Departamento:
  1. Departamento de Bioquímica e Bioloxía Molecular

Tipo: Tese

Resumo

CD45RO é unha proteína transmembrana con actividade tirosín-fosfatasa involucrada en eventos primarios de sinalización vía TCR en linfocitos T e que aparece asociada con outras proteínas importantes como CD26. A expresión de CD45RO e das moléculas que se asocian a ela está regulada pola IL-12, unha citoquina proinflamatoria que participa no desenvolvemento da resposta Th1. Neste traballo estúdase como os diferentes niveis de expresión de CD45RO (que se ven afectados pola coestimulación dos linfocitos con distintas citoquinas e tamén pola acción de ADA), así como a súa localización en microdominios raft de membrana plasmática ou a súa asociación con CD26, están relacionados coas taxas de proliferación en distintos tipos de linfocitos T humanos e a relación que existe entre a expresión destas proteínas e os fenotipos efector e regulador dos linfocitos T.