Disfunción del injerto a largo plazo tras el trasplante cardiacoincidencia, causas y pronóstico

  1. López Sáinz, Ángela
Dirixida por:
  1. Eduardo Barge Caballero Co-director
  2. María Generosa Crespo Leiro Co-director

Universidade de defensa: Universidade da Coruña

Fecha de defensa: 19 de marzo de 2018

Tribunal:
  1. Beatriz Díaz Molina Presidente/a
  2. Javier Muñiz Secretario/a
  3. Ángel Luis Fernández González Vogal

Tipo: Tese

Teseo: 540754 DIALNET lock_openRUC editor

Resumo

OBXECTIVOS: A aparición de disfunción tardía do enxerto é una causa frecuente de hospitalización e morte en receptores dun transplante cardiaco. Malia que se trata de un cadro común, existe pouca informació na literatura previa relativa á súa fisiopatoloxía, prevalencia, presentación clínica e implicacións prognósticas. MÉTODOS: Realizamos un estudio retrospectivo, observacional e únicéntrico baseado nunha cohorte histórica de 547 doentes que recibiron un TC no Complexo Hospitalario Universitario da Coruña entre 1991 e 2014, e que sobreviviron á hospitalización postoperatoria. Definiuse disfunción tardía do enxerto como o primeiro ingreso hospitalario por este motivo trala primeira alta tralo transplante. RESULTADOS: Durante un periodo de seguemento medio de 8.4 ± 6 anos trala primeira alta tralo transplante, 178 (32.5%) doentes foron hospitalizados por disfunción tardía do enxerto cardiaco de nova aparición (tasa de incidencia: 3.6 casos por 100 doentes-ano, Intervalo de Confianza (IC) ó 95% 3.1-4.2). Mediante análisis multivariable de regresión de Cox, a diabete previa ó transplante, un gradiente transpulmonar alto, é unha relación de peso doante/receptor baixa foron identificadas como predictores independentes de disfunción tardía do enxerto no seguemento tralo transplante. Detectouse vasculopatía coronario do enxerto, rexeitamento celular grado ≥1R, e rexeitamento mediado por anticorpos grado pAMR ≥1 en 50.6%, 44.9% e 19.2% dos doentes hospitalizados por disfunción do enxerto de novo diagnóstico. O 60.1% de estes doentes presentaban unha fracción de exección do ventrículo esquerdo ≥ 50% no momento do diagnóstico do cadro de disfunción do enxerto. A supervivencia libre de retransplante 1, 5, 10 e 15 anos trala primeira hospitalización por disfunción tardía do enxerto foi de 72.2%, 38.4%, 18.4% e 7.5%, respectivamente; a taxa de incidencia de reingreso por insuficiencia cardiaca sintomática foi de 40.9 episodios por 100 doentes-ano (IC 95% 36.6-46.6). A necesidade de inotrópicos, a presenza de vasculopatía coronaria, maiores niveles de creatinina sérica, unha menor fracción de exección e a presenza de hiponatremia asociáronse de xeito independente cun peor pronóstico nestes doentes. Nos doentes con evidencia de disfunción do enxerto e rexeitamento agudo, a presenza de achados histopatolóxicos suxestivos de rexeitamento mediado por anticorpos asociouse cunha menor supervivencia libre de retransplante (p=0.038). CONCLUSIÓNS: A disfunción tardía do enxerto é un fenómeno frecuente nos receptores de TC que se asocia a una curta supervivencia. As causas subxacentes más frecuentes de disfunción do enxerto cardiaco son o rexeitamento agudo e a vasculopatía coronaria.