Isidro Parga Pondal e a súa comunidade

  1. Martínez Delgado, Verónica
Dirixida por:
  1. Francisco Javier Dosil Mancilla Co-director
  2. Alberto Marcos Vallaure Co-director

Universidade de defensa: Universidade de Santiago de Compostela

Fecha de defensa: 08 de xaneiro de 2016

Tribunal:
  1. Antonio González Bueno Presidente/a
  2. María-Jesús Fuentes-Silveira Secretario/a
  3. Ramon Capdevila Bert Vogal
  4. Javier Cremades Vogal
  5. Luis Alfredo Baratas Díaz Vogal

Tipo: Tese

Teseo: 401524 DIALNET

Resumo

Escollo a figura de Isidro Parga Pondal como centro da tese para dar continuación á investigación realizada para o traballo de investigación titelado: Isidro Parga Pondal: as redes de coñecemento científico. Estruturo a tese atendendo primeiro á contextualización histórica e ao espertar da ciencia española e galega, a través das institucións científicas: a Junta para la Ampliación de Estudios, o Consejo Superior de Investigaciones Científicas, a Universidade de Compostela, o Seminario de Estudos Galegos, o Instituto Geológico y Minero de España e a Universidade Central, destacando a pegada que Parga deixa en cada unha destas institucións. Realizo un achegamento á Historia da Xeoloxía española e galega para contextualizar ao actor Isidro Parga Pondal. En segundo lugar xustifico a súa condición de exiliado interior e valoro como a súa expulsión da USC modifica o seu quefacer científico, económico e persoal e como desfai as súas redes de coñecemento tanto científico como empresarial. En terceiro lugar analizo a investigación científica de Isidro Parga Pondal: a súa obra científica, destaco o papel do Laboratorio Xeolóxico de Laxe como centro de investigación europeo e as súas redes de coñecemento científico de Isidro Parga Pondal, como xorden e se manteñen e cal foi o papel de Parga na súa comunidade científica. En último lugar describo o sentido social da ciencia en Isidro Parga, deseño tamén as redes de contactos empresariais e destaco o seu papel investidor no desenvolvemento económico de Galicia e como as súas investigacións e adiantos científicos modifican á sociedade. A metodoloxía a utilizar foi necesariamente unha prosopografía histórica para analizar aos diferentes grupos da comunidade de Isidro Parga Pondal e unha metodoloxía constructivista para os apartados relativos á historia da ciencia en si, conforme ás teorías de Bruno Latour, Niklas Luhmann e ao modelo de Steven Shapin.