Construcción de indicadores agrarios para medir la sostenibilidad de la producción de cacao en el Oro, Ecuador
- Barrezueta Unda, Salomon Alejandro
- María Rosa Mosquera Losada Co-director
- Antonio Paz González Co-director
Universidade de defensa: Universidade da Coruña
Fecha de defensa: 07 de marzo de 2018
- Eva Vidal-Vázquez Presidente/a
- Montserrat Valcárcel Armesto Secretaria
- Juan José Martín Sotoca Vogal
Tipo: Tese
Resumo
O obxectivo da tese foi deducir varios indicadores segundo as dimensións económicas, sociais e ambientais, para medir a sustentabilidade dalgúns produtores de cacao na provincia de El Oro-Ecuador. A poboación estaba formada por explotacións cultivadas de cacao CCN51 (n=49) e cacao Nacional (n=24), onde se realizou unha enquisa para obter indicadores económicos e sociais. Os indicadores ambientais obtivéronse a partir de 30 mostras de solo da poboación de estudo, que se tomaron nos primeiros 30 cm da superficie. Posteriormente, analizáronse as súas propiedades fisicoquímicas para establecer un índice de calidade do solo (ICS). Os solos estudados pertenceron ás ordes dos Alfisoles, Inceptisoles e Entisoles. Por dimensión, levouse a cabo unha análise de compoñentes principais e de normalización entre 0 e 1 dos indicadores. Para determinar o impacto da xestión agronómica sobre a materia orgánica (MO) analizáronse os isótopos estables 13C, 15N e caracterizouse o grao de aromaticidade e alifaticidade mediante espectroscopía de infravermellos (IV), no solo e os restos vexetais do cacao. O resultado destacado no desempeño económico foi que o rendemento do cacao do tipo CCN51 (2337,63 Kg ha-1) e os ingresos ($ 1204), foron máis altos que os do cacao Nacional (476,92 Kg ha-1; $919,68). En termos sociais, o 32,88% dos propietarios dos terreos tiñan máis de 60 anos e o 53% tiñan estudos primarios. As propiedades do solo mostraron predominio de limo e arxila, con valores medios de materia orgánica do solo (MO) inferiores ao 3% e pH=6,9, sen apreciar diferenzas estatísticamente significativas entre ordes de solo e tipos de cacao. A capacidade de intercambio catiónico (CEC), suma de bases (SB), pH, C orgánico, fósforo dispoñíbel (P), area, limo e arxila foron as propiedades seleccionadas como Indicadores da Calidade do Solo (ICS). As medias de 13C (-25,11‰) e 15N (8,8‰) corresponderon a umbrais de aplicación moderada de fertilizantes sintéticos. Os espectros de IV indicaron aromaticidade na rexión de 1650 cm-1, mentres que para os restos vexetais observouse na rexión de 2950 cm-1 típico dos grupos alifáticos. A media dos indicadores estandarizados foi de 0,52, o que permite que as parcelas estudadas sexan catalogadas cunha sustentabilidade débil.