Efecto de mejoradores físicos, químicos y biológicos de la compactación de suelos bananeros bajo sistemas de riego

  1. Chabla Carrillo, Julio Enrique
Dirixida por:
  1. Marcos Lado Co-director
  2. Eva Vidal-Vázquez Co-director

Universidade de defensa: Universidade da Coruña

Fecha de defensa: 07 de marzo de 2018

Tribunal:
  1. Antonio Paz González Presidente/a
  2. María Rosa Mosquera Losada Secretaria
  3. Tomás d'Aquino Freitas Rosa de Figueiredo Vogal

Tipo: Tese

Teseo: 541204 DIALNET lock_openRUC editor

Resumo

A compactación, considerada como o inimigo oculto do agricultor, provoca o deterioro do solo, unha perda de porosidade e o endurecemento dos horizontes superficiais. O obxectivo xeral do presente estudo é avaliar a compactación do solo baixo sistemas de irrigación presurizados, usando melloradores físicos, químicos e biolóxicos e medindo a súa eficacia na mellora dos solos do Cantón Machala, en Ecuador. O estudo foi realizado entre maio de 2015 e abril de 2017, en tres explotacións con sistemas de irrigación subfoliar e suprafoliar, obtendo un total de 360 mostras de solo. Os tratamentos foron: control, aplicación de xeso, roturación e cuberta vexetal. Determináronse as propiedades físicas, materia orgánica, superficie específica (SE), e correlacionouse co contido de humidade en potenciais hídricos baixo da curva de retención. O contido de humidade foi determinado por reflectometría magnética (FDR) ademáis do Intervalo Hídrico Óptimo (IHO), considerando cinco niveis de compactación con densidades de 1,1; 1,2; 1,3; 1.4; e 1,5 g cm-³. No laboratorio levouse a cabo un ensaio de compactación inducida para determinar a densidade crítica solo (DSC) e o grao de humidade óptimo definindo que as curvas de compactación inducida con lixeira pendente correspondían a solos resistentes á compactación. Ademais, obtivéronse curvas de retención de humidade (CRH) mediante ola de presión e membrana de Richards. A resistencia á penetración foi medida antes e despois dos tratamentos, decrecendo os valores, ou por efecto dos mesmos ou polas precipitacións. A intensidade de precipitación (12,7mm h- ¹˃velocidade de infiltración 2,8mm h-¹) suxire que a irrigación por aspersión suprafoliar tende a producir a formación de costras e o selado do solo nas capas superiores. Por outra banda, foi determinado o coeficiente de uniformidade (UC), distribución de uniformidade (DU) e o coeficiente de variación (CV), que obtiveron unha elevada variabilidade indicando, polo tanto, unha mala distribución da lámina de auga. Tamén se calculou o índice de grosor de gotas obténdose un valor de 3,5 que foi evaluada como moi grosa no rego suprafoliar. Respecto ao Índice de estabilidade estrutural (<5) e de encostramento (1,96), pódese concluir que se trata de solos degradados, ou con risco de degradación. O tratamento que mellor responde á compactación, segundo a resistencia á penetración, é a roturación (506,9 KPa), seguido do xeso (554,7 KPa) cuxo efecto foi evidenciado aos 90 días, e a cuberta vexetal (790,5 KPa ).