Nanocompuestos conductores basados en nanotubos de carbono y poliamidasestudio de sus propiedades eléctricas, reológicas y su morfología

  1. Arboleda Clemente, Laura
Dirixida por:
  1. María José Abad López Co-director
  2. Ana Ares-Pernas Co-director

Universidade de defensa: Universidade da Coruña

Fecha de defensa: 19 de setembro de 2017

Tribunal:
  1. Pedro Antonio Santamaría Ibarburu Presidente/a
  2. M. Victoria González-Rodríguez Secretario/a
  3. Francisco Rivadulla Fernández Vogal

Tipo: Tese

Teseo: 493537 DIALNET lock_openRUC editor

Resumo

O traballo de tese tivo como obxetivo o deseño e caracterización de novos materiais compostos poliméricos condutores empregando mixturas de diferentes poliamidas como matriz e nanotubos de carbono de parede múltiple como nanorecheo condutor. Empregáronse duas mixturas distintas de poliamidas (PA), unha delas parcialmente miscible e a outra inmiscible, para estudar a influenza desta variable nas propiedades eléctricas dos compostos obtidos. Durante o desenvolvemento da tese fíxose especial enfase en avaliar as relacións entre procesado, morfoloxía e propiedades macroscópicas dos diferentes nanocompostos, buscando sempre maximizar as propiedades obtidas coa menor cantidade de nanotubos de carbono. Dado que o estado de dispersión dos nanotubos inflúe directamente nas propiedades da rede condutora formada, e por tanto, nas propiedades macroscópicas finais, estudouse cualitativa e cuantitativamente, este aspecto en función do tipo de poliamida, proporción e grao de miscibilidade entre as poliamidas usadas como matriz, e tipo de predispersión usada para preparar os compostos poliméricos condutores. Coa mixtura inmiscible de poliamidas, optimizáronse as propiedades eléctricas do nanocomposto debido á formación dunha rede condutora segregada.