A construcción do significado da protesta na crise do Prestigeanálise das axendas, os marcos e os discursos de nunca máis e dos medios de comunicación

  1. Barberena Fernández, Teresa
Dirixida por:
  1. Lois Álvarez Pousa Director

Universidade de defensa: Universidade de Santiago de Compostela

Fecha de defensa: 02 de febreiro de 2016

Tribunal:
  1. Víctor Sampedro Blanco Presidente/a
  2. Xosé Soengas Pérez Secretario
  3. María Pilar Jiménez Aleixandre Vogal
  4. Gil Baptista Ferreira Vogal
  5. Carolina Moreno Castro Vogal
Departamento:
  1. Departamento de Ciencias da Comunicación

Tipo: Tese

Resumo

A crise do afundimento do buque petroleiro Prestige provocou, ademais dunha gran catástrofe medioambiental, unha crise social e política. A presente investigación estuda a creación de significado que fixo o movemento social Nunca Máis e os medios de comunicación galegos, La Voz de Galicia e El Correo Gallego, españois, El País e ABC, desta situación de emerxencia. Para coñecer como construíron a realidade o actor protesta e os media analizáronse os discursos de ámbolos dous con diferentes metodoloxías. No proceso de construción de significados, Nunca Máis creou a súa propia identidade colectiva baseada na identidade galega malia iso non conseguiu unha cobertura dos medios favorable. Neste traballo analízase o discurso do movemento social e dos medios de comunicación para coñecer se houbo un aliñamento dos marcos de referencia ou non durante os primeiros meses da crise. Unha das premisas de partida é achegarse a como constrúe o actor da protesta a súa identidade e como esta é transmitida polos media. Unha das hipóteses foi que Nunca Máis só cobrou interese para os medios de comunicación cando houbo un posicionamento a favor ou en contra do movemento por parte do poder político, o que se demostra durante o estudo. A estrutura da investigación “A construción do significado da protesta na crise do Prestige” componse de oito capítulos: Deseño da investigación; globalización, risco e identidade; a construción da protesta; a crise do Prestige; discursos e identidades na crise do Prestige; conclusións; bibliografía e anexos. O primeiro trata sobre a metodoloxía aplicada no achegamento a Nunca Máis e os medios de comunicación. A natureza distintas dos dous creadores de realidade- o movemento de protesta e o os media- fixo que se precisase usar diferentes metodoloxías como entrevistas, grupos de discusión e análises de contido e de discursos. O segundo capítulo é unha contextualización partindo do proceso da globalización. Compréndese a catástrofe do Prestige como unha cristalización da teoría da sociedade do risco do sociógo alemán Ulrich Beck. Os galegos viviron en primeira persoa a peor cara da globalización e a mellor. A peor foi ver a impunidade das empresas internacionais e a falta de resposta antes a crise dun estado zombie. A mellor foi o nacemento ou a visibilización da subpolítica na sociedade galega, da sociedade reflexiva. Existe pois unha conexión entre a globalización, os movementos baseados na identidade, a crise de lexitimidade política e o poder dos media que é visible nesta crise. O capítulo terceiro baixo o título de “A construción da protesta” componse de dúas partes. Un primeiro apartado fai un achegamento amplo sobre os movementos sociais cun repaso sobre as teorías máis relevantes, analizando a importancia das oportunidades políticas, da organización do colectivo e da construción de marcos de referencia e identidades. Acaba este apartado tratando a comunicación do movemento social e a relación entre este e os medios de comunicación. O segundo apartado dedícase aos medios de comunicación no que se repasan as teorías de comunicación, facendo fincapé nas teorías da axenda setting e do framing, así coma na noticia como espazo de construción da realidade. O cuarto capítulo é un repaso polo afundimento do Prestige, os actores principais da crise que interactuaron e o escenario onde se desenvolveu esta crise, Galicia. O quinto capítulo divídese en dúas partes e segue a mesma lóxica que o terceiro. O primeiro apartado serve para achegarnos a Nunca Máis e o segundo, aos diarios analizados no estudo: La Voz de Galicia, El Correo Gallego, El País, ABC, Jornal de notícias, Le Monde e Eleutherotipia. O sexto son as conclusións do estudo nas que se fai referencia ás hipóteses de partida para dar por rematada a viaxe abordo do Prestige. En porto xa, as referencias bibliográficas e os anexos.