Minutarios notariais de Rodrigo Afonso, Gonzalo Oureiro e Pedro Sánchez de Baeza (Ourense, s. XV)
- GORDÍN VELEIRO, ANA MARÍA
- María Beatriz Vaquero Díaz Director
Universidade de defensa: Universidade de Vigo
Fecha de defensa: 14 de xaneiro de 2016
- Eduardo Pardo de Guevara Valdés Presidente/a
- José Miguel Andrade Cernadas Secretario
- Ana Isabel Boullón Agrelo Vogal
Tipo: Tese
Resumo
A tese consiste básicamente na transcripción dos minutarios notariais dos notarios apostólicos do cabido da catedral de Ourense, Rodrigo Afonso, Gonzalo Oureiro e Pedro Sánchez de Baeza, século XV. Un estudo destas características dábanos a oportunidade de coñecer un pouco máis a vida cotiá dos compoñentes dunha institución, que xunto co bispo, ostentaba o poder na sociedade medieval da cidade de Ourense, o cabido. As súas funcións eclesiásticas, señoriais, a relación cos demais estamentos da sociedade, as súas loitas coas outras institucións da cidade, as loitas internas e a relación de poder coa poboación. Esto podería dar pé a estudos posteriores. A maiores tiñamos a posibilidade, nun futuro, de estudar o urbanismo da cidade de Ourense no século XV, pola cantidade de foros de propiedades urbanas existentes, nos que se cita a súa situación (nomes de rúas e prazas) e os seus lindeiros. Por iso, esta tese deseñouse non só como un presente senon tamén como unha posibilidade de futuro. O tempo decidirá. Esta tese está estruturada de xeito que, despois dunha breve introdución que nos sitúa no contexto histórico no que nos movemos, a primeira metade do século XV, realízanse unha serie de estudos (das fontes, paleográfico e diplomático) que servirán de introdución ao obxectivo principal do estudo que é a edición dos documentos recollidos nos minutarios notariais que figuran no seu título. Para rematar coa confección dos índices (antroponímico, toponímico e socioprofesional) que permitan a futuros investigadores, o acceso rápido aos documentos.