As mulleres nos estudos experimentais na Universidade de Santiago1910-1960

  1. Pintos Barral, Xoana
Dirixida por:
  1. Ricardo Gurriarán Director

Universidade de defensa: Universidade de Santiago de Compostela

Fecha de defensa: 04 de febreiro de 2016

Tribunal:
  1. María Isabel Fernández García Presidenta
  2. Ana María González Noya Secretaria
  3. María Mercedes Álvarez Lires Vogal
  4. Purificación Mayobre Rodríguez Vogal
  5. Dorinda Mato Vázquez Vogal

Tipo: Tese

Resumo

O obxectivo principal deste traballo era coñecer como se producira o acceso feminino aos estudos experimentais na Universidade de Santiago dende a promulgación da R.O. de 8 de marzo de 1910 que recoñecía o dereito das mulleres a cursar estudos libremente nos centros oficiais de ensino. Un segundo aspecto consistía en darlles visibilidade como parte integrante desta institución educativa superior, a única existente en Galicia naquel momento. Nunha primeira parte desenvolvemos un marco teórico sobre a perspectiva de xénero, estudos de xénero e conceptos clave. Na segunda expoñemos o marco histórico con referencia á educación superior das mulleres. Finalmente na terceira parte, afondamos na análise da presenza das mulleres nas facultades de Ciencias, Medicina e Farmacia, únicas facultades experimentais na US no momento do noso estudo. O método empregado foi a análise dos libros de rexistro de matrícula que se encontran no Arquivo Histórico Universitario, examinando tamén outra documentación neste e noutros arquivos. Habería que xustificar o acoutamento da tese entre 1910 e 1960 en función da restritiva lexislación vixente sobre o uso documental e persoal. As alumnas procedían principalmente de áreas urbanas, gardando especial relación co emprazamento de centros de ensino medio. O perfil familiar das estudantes era de clase media/ media alta, observando baixa representación das rendas máis baixas. O éxito académico foi elevado entre as matriculadas nas primeiras décadas, en especial entre as alumnas de Medicina. Dende o curso académico 1928-29 a US supera á media universitaria española en poboación feminina, colocándose á cabeza, a partires de 1939. As diferenzas máis significativas aparecen na Facultade de Ciencias, sendo a que reflicte maior incremento de matrícula entre 1942-1958. Non puidemos saber se todas estas mulleres acadaron os seus obxectivos profesionais pero puidemos seguir algúns percorridos vitais que aparecen no apartado de Itinerarios de mulleres máis significativas.