Evaluación del impacto del cambio climático en los procesos hidrológicos de la Cuenca del Arroyo Feliciano, Entre Ríos, Argentina

  1. Lenzi, Luis Marcelo
Dirixida por:
  1. Montserrat Valcárcel Armesto Co-director
  2. Eduardo Luis Díaz Ucha Co-director
  3. Eva Vidal-Vázquez Titora

Universidade de defensa: Universidade da Coruña

Fecha de defensa: 14 de novembro de 2017

Tribunal:
  1. Antonio Paz González Presidente/a
  2. Jorge Dafonte Dafonte Secretario
  3. Marcelo Germán Wilson Vogal

Tipo: Tese

Teseo: 518634 DIALNET lock_openRUC editor

Resumo

A Provincia de Entre Ríos, na Arxentina, vese afectada pola intensificación no uso dos recursos naturais, sen que exista unha xestión ordenada xestión dos mesmos; en particular na Conca do Arroio Feliciano, unha das de maior reconversión da súa actividade, tense pasado dunha gandaría extensiva a unha vertixinosa expansión da agricultura, coa introdución do arroz, regado con auga superficial, e mais da soia como os principais cultivos. O Arroio Feliciano é un curso de auga permanente que nace no nordeste do departamento con este mesmo nome, na cota de 75 m. s.n.m. e desemboca no río Paraná a unha cota aproximada de 20 m. s.n.m. As áreas que drena este curso de auga e os seus afluentes están caracterizadas por pendentes xerais moi longas e suaves, con síntomas de drenaxe deficiente. A conca posúe unha superficie de 8240 km2. Presenta un caudal medio de 52,93 m3/segundo, (fonte: SSRH da Nación) e un máximo aforado no 2016 de 2.244 m3/segundo. Posúe unha gran densidade de drenaxe (0,51 km/km2) produto dos solos con texturas pesadas e das precipitacións anuais por encima dos 1100 mm. Existe unha utilización dos recursos superficiais e subterráneos pero en forma moderada, sendo os seus principais usos a rega e abeberado animal no agropecuario, e o potable só de fonte subterránea. A rexión viuse afectada por fortes variacións do ciclo hidrolóxico e unha gran variabilidade espacial e temporal das precipitacións, o que xerou graves problemas para a agricultura e a gandaría. Esta tese doutoral ten como obxectivo avaliar o impacto do cambio climático na resposta hidrolóxica da conca do Arroio Feliciano, e sobre a infraestrutura (pontes e camiños) da Provincia de Entre Ríos, Arxentina, elaborando un diagnóstico e descrición da Conca, reproducindo a infraestrutura actual de monitorización, uso do solo e a súa rede hidrolóxica, A análise previa da serie de caudais diarios medidos mostra unha gran variabilidade na súa distribución temporal, con coeficientes de dispersión e rango de caudais (máximo - mínimo = Qmáx - Qmín) moi elevados. o que fai que os caudais medios e módulos determinados sexan practicamente unha abstracción numérica. O proceso de intensificación da agricultura dos últimos anos mantén a súa tendencia ascendente tanto no país como na provincia de Entre Ríos, presentando o caso do cultivo da soia un crecemento do 692% no período 1985- 2005, sendo o 63% da superficie cultivada provincial. De acordo co Panel Intergobernamental sobre Cambio Climático, a previsible degradación futura dos recursos hídricos e do chan será o desafío fundamental que enfrontará a agricultura global nos vindeiros anos. As predicións climáticas máis recentes establecen que a temperatura superficial media global incrementarase de 2 a 7 ºC durante o período de 1900 ao 2100. Esta temperatura incrementouse xa nuns 0,6 ºC desde fins do século dezanove. Para o desenvolvemento da actividade agropecuaria, o estado dos camiños é de fundamental importancia, debido a que máis prioritariamente o traslado da produción cara aos centros de comercialización e/ ou industrialización realízase por transporte automotor. A partir dos antecedentes xeolóxicos, xeomorfolóxicos, climáticos, hidrolóxicos, de vexetación e dos seus solos, e o uso actual da terra, aplicáronse modelos matemáticos para avaliar a resposta hidrolóxica en base ao estado actual de datos dispoñibles. Ademais, tendo en consta estimacións do cambio climático global, realizouse a simulación de escenarios futuros, e xeráronse series de caudais máximos e os potencias efectos dos mesmos sobre a infraestrutura da conca. Para o caso da modelación hidrolóxica, foi aplicado un modelo de eventos, lineal e semidistribuido do tipo do HEC-HMS, que permite estudar o impacto ambiental das crecentes, causado polas precipitacións máximas e as súas variacións e mais polas transformacións do uso dos solos ao longo do tempo. Para a simulación do efecto do Cambio Climático na Conca do Arroio Feliciano considerouse o escenario SRES B2, que supón un mundo con énfase nas solucións locais, aumento continuo da poboación (menor que no escenario A2).e niveis intermedios de desenvolvemento económico. Finalmente determinouse que para as proxeccións de acordo ao modelo de cambio climático seleccionado, é de esperar un incremento das precipitacións dun 20% o que xerará incrementos dos caudais picos variables entre o 35 e ata o 50%, podendo alterar as recorrencias dos eventos de acordo ás leis de probabilidades de valores extremos. Logo foi realizado unha Análise estatística de Frecuencias, para verificar como o incremento dos caudais máximos esperados pode influír no tempo de retorno obtido das inferencias estatísticas. Estes resultados levan a reconsiderar os deseños das obras civís para lograr garantir as comunicacións en obras viarias e reducir o risco de inundación das cidades situadas en zonas de perigo.