Industria, comercio, transportes no norte da provincia de Pontevedra entre as décadas de 1850-1950

  1. Seijas Llerena, Daniel
Dirixida por:
  1. María Xosé Rodríguez Galdo Director
  2. Luisa Muñoz Abeledo Titora

Universidade de defensa: Universidade de Santiago de Compostela

Fecha de defensa: 04 de febreiro de 2016

Tribunal:
  1. Xán Carmona Badía Presidente
  2. Angel Ignacio Fernández González Secretario
  3. Margarita Vilar-Rodríguez Vogal
  4. Luis Alonso Álvarez Vogal
  5. Susana Martínez Rodríguez Vogal
Departamento:
  1. Departamento de Economía Aplicada

Tipo: Tese

Teseo: 409685 DIALNET

Resumo

A presente tese doutoral trátase dun estudio microeconómico, respaldado por unha amplísima laboura de procura de fontes documentais sen explorar anteriormente, a escala cuasi comarcal, dun espacio ben definido dentro da comarca do Ullán como son os concellos de Pontecesures e Valga, no Norte da Provincia de Pontevedra, e sen olvidarse das relacións e a súas referencias do seu entorno entre o veciño Padrón, na provincia da Coruña e os outros concellos da comarca do Ullán do coruñes e da comarca de Caldas,en Pontevedra. O obxectivo da tese é o de profundizar no estudio do Comercio e as principais sagas familiares empresariais asentandas – algunhas delas de fora de Galicia (Sierra, Lozano...)- en Pontecesures,asi coma poder esclarecer os motivos polos cales na vila de Pontecesures, ás beiras do río Ulla e moi próxima a costa Atlántica-Ría de Arousa deronse unha serie de elementos que a fixeron atraer a miña atención para ser estudiada, dado a súa importancia comercial non solo a nivel comarcal,senón provincial. Como nun pequeno núcleo de orixe mariñeira deuse ó paso a unha serie de actividades mercantís e de acumulacións de capitais que deron paso a creación de interesantes proxectos empresariais, tanto comerciais coma industriais. Ademais do Comercio, entendido coma actividade principalmente ó por maior, tamen trátase o tema dos transportes marítimo-fluviais (a emigración), terrestres (por estrada e o ferrocarril),de tanta transcendencia para un enclave estratexico coma Pontecesures. Os diferentes tipos de feiras que existiron en Pontecesures e Valga, tanto de gando coma a singular Feira do Automóbil de Ocasión. Ademais disto estudiase algunhas signicativas actividades de caracter artesanal e as plenamente industriais que precisan dun significativo nivel de investimento, coma a industria cerámica e os curtidos, asi coma importancia que tivo no Ullán a industria e o comercio da madeira.Todo isto contextualizado dentro dun marco maior de espacio, ineludible para comprender as razóns que conducen a que se produzan determinados acontecementos, e cronolóxicamente movendose entre as décadas de 1850-1950,pero que en ningún case son estancos habendo moitas referencias, ó ser moi necesarias, anteriores e a posteriori a esas datas.