Os reais establecimentos de Xuviarecompilación documental, estudo histórico e estudo e catalogación das moedas de Xuvia do Museo Arqueolóxico e Histórico de A Coruña

  1. Bello Platas, Ana Isabel
Dirixida por:
  1. Fernando Acuña Castroviejo Director
  2. José Manuel Caamaño Gesto Titora

Universidade de defensa: Universidade de Santiago de Compostela

Fecha de defensa: 08 de febreiro de 2016

Tribunal:
  1. Xán Carmona Badía Presidente
  2. Raquel Casal García Secretario/a
  3. Teresa Soeiro Vogal
  4. Concha Varela-Orol Vogal
  5. Antonio Roma Valdés Vogal

Tipo: Tese

Resumo

Os Reais Establecimentos de Xuvia: recompilación documental, estudo histórico e estudo e catalogación das moedas de Xuvia do Museo Arqueolóxico e Histórico de A Coruña. A razón pola que escollemos os Reais Establecimentos de Xuvia para realizar a nosa Tese de Doutoramento, radica en que este tema non está estudiado dende a perspectiva da Arqueoloxía Industrial, sendo esta aportación moi interesante para o estudio da etapa histórica que comprende a transición entre o século XVIII e o XIX en Galicia. Pretendemos de forma global aportar unha pequena contribución á Arqueoloxía Industrial, pouco estudiada en xeral, agás polos traballos realizados por don Xan Carmona Badía. A metodoloxía que empregaremos virá dada fundamentalmente polas necesidades da propia investigación; trataremos de consultar traballos e publicacións relacionados coa Arqueoloxía Industrial, e adoptaremos os métodos que axuden á resolución dos problemas que se nos poidan plantexar; así mesmo procederase á consulta da documentación custodiada en diferentes arquivos como o Arquivo do Reino de Galicia, o Arquivo do Concello de Ferrol, o Fondo Documental de Neda, o Arquivo Histórico Nacional, o Arquivo Xeral de Simancas, o Arquivo Xeral da Mariña de el Viso del Marqués, e calquera outro ó que nos poida levar a nosa investigación. En canto ás fontes impresas faremos unha recopilación dos traballos publicados dende os máis antigos ós máis recentes e consultaremos algúns volúmenes depositados na Biblioteca Nacional. Trataremos de recuperar e documentar restos materiais, fotografías, planos, grabados, e pequenos artigos recollidos na prensa da época; así mesmo gustaríanos incorporar testemuños proporcionados por veciños dos Concellos de Narón e Neda que coñeceron e viviron na fábrica. Tamén pretendemos incorporar a información que nos poidan proporcionar algúns membros da familia Barcón, descendentes de antigos propietarios das instalacións. Gustaríanos incluír un capítulo no que se ofrecera una breve reseña biográfica sobre algunhas das persoas que contribuíron á creación e funcionamento deste centro. O ámbito cronolóxico no que nos moveremos abarcará dende finais do século XVIII ata finais do século XIX fundamentalmente, aínda que poderíamos chegar ata a actualidade debido á existencia e funcionamento actual dos mesmos. O noso obxetivo fundamental é a realización dun traballo serio, global e riguroso, dende o punto de vista da Arqueoloxía Industrial, sobre os Reais Establecimentos de Xuvia.