Terciarización e servizalización na innovación do sector agrario. Factores impulsores e efectos na sustentabilidade da gandería e da viticultura en Galicia

  1. Pereira Sánchez, María Ángeles
Supervised by:
  1. Xavier Vence Deza Director

Defence university: Universidade de Santiago de Compostela

Fecha de defensa: 28 July 2016

Committee:
  1. José Antonio Camacho Ballesta Chair
  2. Edelmiro López Iglesias Secretary
  3. Livia María Costa Madureira Committee member
Department:
  1. Department of Applied Economics

Type: Thesis

Abstract

A demanda de servizos no sector agrario representa unha estratexia adaptativa das explotacións aos cambios institucionais e de mercado. A co-evolución das dinámicas do sector agroalimentario, os patróns sectoriais de innovación, os cambios na política pública e nas convencións alimentarias, así coma os cambios en organización, xunto coas mudanzas nas estruturas agrarias, impulsan unha crecente complexidade e especialización nos procesos produtivos das explotacións, que requiren do apoio de servizos diversos. As pautas de terciarización do sector agrario están en liña co réxime tecno-económico dominante, e difiren segundo a orientación e o sistema produtivo das explotacións. Os servizos tamén poden contribuír á mellora da sustentabilidade do sector agrario. A través da servizalización, as cooperativas agrarias contribúen á eco-eficiencia das explotacións. O uso compartido de recursos, o acceso a novas tecnoloxías e a coñecemento especializado son clave para a consecución de ganancias medioambientais, e van parellas á obtención de vantaxes económicas.