Split and shift methodologyOvercoming hardware limitations on cellular processor arrays for image processing

  1. Fernández García, Natalia Abel
Dirigida por:
  1. Diego Cabello Ferrer Codirector
  2. Victor Manuel Brea Sánchez Codirector

Universidad de defensa: Universidade de Santiago de Compostela

Fecha de defensa: 09 de noviembre de 2012

Tribunal:
  1. Ramón Ruiz Merino Presidente/a
  2. Paula López Martínez Secretaria
  3. Mika Laiho Vocal
  4. Xavier Vilasís-Cardona Vocal
  5. Ricardo Carmona Galán Vocal
Departamento:
  1. Departamento de Electrónica y Computación

Tipo: Tesis

Resumen

Na era multimedia, o procesado de imaxe converteuse nun elemento de singular importancia nos dispositivos electrónicos. Dende as comunicacións (p.e. telemedicina), a seguranza (p.e. recoñecemento retiniano) ou control de calidade e de procesos industriais (p.e. orientación de brazos articulados, detección de defectos do produto), pasando pola investigación (p.e. seguimento de partículas elementais) e diagnose médica (p.e. detección de células estrañas, identificaciónn de veas retinianas), hai un sinfín de aplicacións onde o tratamento e interpretación automáticas de imaxe e fundamental. O obxectivo último será o deseño de sistemas de visión con capacidade de decisión. As tendencias actuais requiren, ademais, a combinación destas capacidades en dispositivos pequenos e portátiles con resposta en tempo real. Isto propón novos desafíos tanto no deseño hardware como software para o procesado de imaxe, buscando novas estruturas ou arquitecturas coa menor area e consumo de enerxía posibles sen comprometer a funcionalidade e o rendemento.