Fiabilidade do instrumento para valorar a situación de dependencia en persoas maiores de tres anos en España, Real Decreto 504/2007

  1. GONZALEZ RODRIGUEZ, RUBEN
Dirixida por:
  1. Manuel Gandoy Crego Director
  2. Miguel Clemente Director

Universidade de defensa: Universidade de Santiago de Compostela

Fecha de defensa: 14 de decembro de 2012

Tribunal:
  1. Octavio Uña Juárez Presidente/a
  2. José Manuel Mayán Santos Secretario/a
  3. Carmen Verde Diego Vogal
  4. Teresa Facal Fondo Vogal
  5. José Luis Caamaño Ponte Vogal
Departamento:
  1. Departamento de Psiquiatría, Radioloxía, Saúde Pública, Enfermaría e Medicina

Tipo: Tese

Teseo: 334952 DIALNET

Resumo

No ano 2006, constituíndo un avance no modelo de Estado social que consagra a Constitución Española, e para aumentar a acción protectora que o Sistema da seguridade social, así como o Sistema sanitario e o de servizos sociais prestan ás persoas en situación de dependencia, apróbase a Lei 39/2006, do 14 de decembro, de Promoción da Autonomía Persoal e Atención ás persoas en situación de dependencia. O obxectivo fundamental deste traballo de investigación consistiu en determinar se o instrumento que se utiliza para determinar a situación de dependencia en España en persoas maiores de tres anos (recollido no Real Decreto 504/2007, do 20 de abril, polo que se aproba o baremo de valoración da situación de dependencia establecido pola Lei 39/2006, do 14 de decembro, de Promoción da Autonomía Persoal e Atención ás persoas en situación de dependencia) é fiable como instrumento de valoración específico. Tratamos de investigar se existían diferenzas entre os técnicos avaliadores á hora de aplicar o baremo (fiabilidade intersuxeitos), e se o propio instrumento de valoración era consistente ao repetir a súa aplicación (fiabilidade intrasuxeitos). Para iso, como estudo teórico previo, analizouse con profundidade o concepto de dependencia, así como o nivel de atención que se lle presta ás persoas en situación de dependencia dende os diferentes Sistemas de protección social en España. Con posterioridade, aplicouse o referido instrumento de valoración de xeito sistemático a usuarios de diferentes servizos e programas do Sistema galego de atención á dependencia (SGAD), para determinar se se atopaban nunha situación de autonomía, ou pola contra, se atopaban nunha situación de dependencia en calquera dos graos establecidos. Os avaliadores, seis técnicos valoradores do SGAD, aplicaron o instrumento para valorar a situación de dependencia en España a 84 suxeitos, todos eles usuarios do Sistema para a Autonomía e Atención á Dependencia. O ámbito xeográfico da análise é a provincia de Ourense, e dentro da mesma usuarios beneficiarios de diferentes servizos (Servizo de atención residencial, Servizo de centro de día e Servizos e prestacións no ámbito domiciliario). Os resultados obtidos analizáronse a través do coeficiente de correlación de Pearson para comprobar a fiabilidade total do Baremo de valoración de dependencia (BVD), así como a fiabilidade en cada unha das actividades e tarefas que compoñen o referido instrumento. Cos datos obtidos, e trala análise das valoracións realizadas, podemos concluír que a iguais medios, e con profesionais experimentados na aplicación do baremo, o instrumento que valora a situación de dependencia en España é significativamente fiable.