Análise comparativa da pintura mural do Noroeste Peninsular (Galicia-Norte de Portugal, 1500-1565)

  1. Cabrita Fernandes Cadete, Maria Teresa
Dirixida por:
  1. Juan Manuel Monterroso Montero Director

Universidade de defensa: Universidade de Santiago de Compostela

Fecha de defensa: 21 de novembro de 2012

Tribunal:
  1. José Manuel García Iglesias Presidente
  2. Ana Eulalia Goy Diz Secretaria
  3. Francisco Javier Pizarro Gómez Vogal
  4. Miguel Cortés Arrese Vogal
  5. M. Carmen Morte García Vogal
Departamento:
  1. Departamento de Historia da Arte

Tipo: Tese

Resumo

Esta disertación que presentamos ten como obxectivo estudar as pinturas murais do Noroeste Peninsular (Galicia e Norte de Portugal) entre os anos 1500 - 1565, a fin de analizar e comparar composicións, temas, estilos e valores cromáticos. Este traballo realizámolo dende os inicios dos anos 80, querendo con el dar a coñecer a importancia da pintura mural en Portugal. Co estudo das pinturas que entón analizamos, xulgamos contribuír a un maior coñecemento e un entusiasmo máis amplo pola identificación doutras pinturas. A partir de aí houbo un interese crecente por este patrimonio artístico. Este estudo da pintura mural está lonxe de se poder considerar rematado. Hai aínda un longo camiño por percorrer, por esixencia das circunstancias do home actual. Na investigación que realizamos para esta tese doctoral consideramos que, unha gran parte da pintura mural estaba en espazos relixiosos de construción románica que se situaban, en particular no contexto peninsular. A peregrinación a Santiago contribuíu como fonte de espiritualidade, afinidade e creatividade para temas e composicións. Así, a contemplación das pinturas nos principais lugares de culto a Santiago servía de referencia para outras realizacións sobre todo no noroeste peninsular. Entre os distintos temas iconográficos atopamos un campo moi amplo, podendo establecer semellanzas, aínda con todo xorden variantes na súa diversidade plástica. Ante a ausencia de documentos escritos, procuramos fontes iconográficas, como iluminuras medievais e xilogravuras. A partir de aí indagamos cómo trazar posibles camiños de inspiración e de composición, así como correntes estilísticas. Na época do noso estudo, o artista pintor recorría á pintura ao óleo, como a adereza ou fresco. Disto puidemos confrontar modelos e tipoloxías en pinturas independentemente da técnica utilizada. Nas repetidas comparacións que fixemos, encontramos patróns moi semellantes ou case iguais, o que permite pensar que foi unha práctica común a mobilidade ou intercambio de materiais entre talleres, tamén seguramente pola limitación de medios e de artistas. Tentamos, na medida do posible, dilucidar a identificación tanto de autores como de clientelas, as influencias de estilos e as influencias exteriores. As hipóteses que formulamos a propósito da circulación entre talleres están suxeitas a futuros acertos.